Skip to Content

Información xeral

Información Xeral Probas de acceso

A inscrición e/ou matrícula nas probas de acceso para os cursos 1º do Grao Elemental e 1º do Grao Profesional terá lugar ao longo do mes de abril de cada ano. As probas, tanto as do Grao Elemental coma as do Grao Profesional, celebraranse no mes de maio. Unha vez rematadas as mesmas, e a finais do mes, procederase á matriculación do alumnado que obtivese praza nas diferentes especialidades instrumentais no curso académico que comeza no mes de setembro.

A matrícula nas probas de acceso para outros cursos dos graos elemental e profesional estará condicionada á existencia de prazas dispoñibles nos diferentes cursos e para cada especialidade instrumental. A estes efectos, os/as alumnos/as interesados/as deberán solicitar praza para o curso e especialidade instrumental que desexen cursar a principios do mes de xuño. Consultar o prazo na secretaría do centro. 

Unha vez rematado o prazo a dirección do centro comunicará a existencia ou non da praza solicitada. No caso de existir a mesma, a persoa interesada deberá realizar a matrícula nas probas de acceso ao curso solicitado na data que se lle indique (consultar as datas na secretaría do centro). As probas, tanto as do grao elemental coma as do grao profesional, celebraranse no mes de xuño. Unha vez rematadas as mesmas procederase á matriculación daqueles solicitantes que obtivesen praza nas diferentes especialidades instrumentais no curso académico.

No caso daqueles/as alumnos/as que desexen solicitar praza no centro, logo de ter cursado estudos noutros conservatorios, poderán solicitalo por escrito na secretaría do centro no prazo que se lle indique.

Na secretaría do Conservatorio Profesional de Música pódense atopar os contidos e repertorio orientativo das diferentes especialidades instrumentais e/ou materias que forman parte das probas de acceso.

Distribuir contido


by Dr. Radut