O Conservatorio Profesional de Música procede á convocatoria das probas de acceso ao curso académico 2022-2023 para o 1º curso do Grao Elemental e o 1º curso do Grao Profesional.
A matrícula nas probas de acceso poderá realizarse desde o luns 25 ata o xoves 28 de abril de 2022.
Grao elemental
Premendo no seguinte enlace poderase consultar a información correspondente ao acceso ao Grao Elemental, na que figura a oferta pública de prazas, os contidos das probas e os criterios de avaliación e cualificación. Os candidatos deberán ter oito anos de idade ou un máximo de catorce, cumpridos ou a cumprir dentro do ano natural de 2022.
Grao profesional
Premendo no seguinte enlace poderase consultar a información correspondente ao acceso ao Grao Profesional, na que figura a oferta pública de prazas, repertorio orientativo de cada especialidade, os contidos das probas e os criterios de avaliación e cualificación.
Matriculación
A matrícula realizarase ONLINE, remitindo ao enderezo secretaria@cmusvilagarcia.gal a seguinte documentación:
- Solicitude de matrícula editable debidamente cumprimentada e asinada (preferible dixitalmente) e que tamén poden atopar baixo estas liñas como arquivo adxunto.
- Copia escaneada do DNI do/a interesado/a ou folla do Libro de familia na que figure inscrito/a
No seguinte enlace poden atopar un modelo de examen ás probas de acceso ao Grao Profesional
Pagamento das Taxas
Unha vez recibida a solicitude de matrícula, o Conservatorio Profesional de Música remitirá por correo electrónico a cada solicitante o documento de liquidación das taxas das probas de acceso, polo importe de 31,20 € para o Grao Elemental e 82,20 € para o Grao Profesional, que deberá ser aboado no prazo indicado no mesmo en calquera sucursal da rede de oficinas de ABANCA, BBVA, CaixaBank, Banco Santander ou ben a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Vilagarcía de Arousa neste enlace
Unha vez realizado o pagamento o interesado deberá remitir copia do xustificante de pago ao enderezo secretaria@cmusvilagarcia.gal
A matrícula nas probas de acceso no curso 2022-2023 non será efectiva ata que se reciba o xustificante de pago das taxas.
Datas
As probas de acceso ao 1º curso do Grao Elemental está previsto teñan lugar o luns 30 ou martes 31 de maio de 2022.
As probas de acceso ao 1º curso do Grao Profesional está previsto teñan lugar desde o martes 24 ata o xoves 26 de maio de 2022.
A ter en conta
Os aspirantes ás probas de acceso recibirán información sobre o desenvolvemento da mesma no correo electrónico que faciliten no impreso de matrícula, así coma nesta propia páxina, onde se irán publicando os documentos informativos correspondentes coma a composición dos tribunais, data e hora das probas, etc..
No suposto de que teñan algún tipo de dificultade para realizar a matrícula online, tal e como se indica anteriormente, pregamos contacten connosco no enderezo de correo secretaria@cmusvilagarcia.gal ou no teléfono 986 500 916 para poder facilitar un sistema alternativo.
Todos os candidatos/as deberán acudir ás probas co seu DNI ou documento identificativo. Os candidatos/as ás Probas de Acceso ao Grao profesional deberán presentar partituras orixinais e acudir co acompañamento preciso, de sé-lo caso.
Tribunais das probas de acceso aos graos elemental e profesional
Tribunais de acceso ao Grao Profesional - do 24 ao 26 de maio de 2022
Tribunal de acceso ao Grao Elemental - 30 de maio de 2022