Skip to Content

Complementarias e Extraescolares

Actividades Complementarias e Extraescolares

Terán a consideración de ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS as organizadas durante o horario escolar polos centros, dacordo cos seus proxectos e programacións e que teñen un carácter diferenciado das actividades propiamente lectivas, polo momento, espacio ou recursos que utilizan.

Son actividades complementarias fixas as seguintes:

• Audicións
• Concertos trimestrais e finais
• Aqueloutras que así o determine o centro a traves dos órganos competentes.

Terán a consideración de ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES as encamiñadas a potenciar a apertura do centro ao seu contorno e a procurar a formación integral do alumnado. As actividades extraescolares realizaranse fora do horario lectivo, terán carácter voluntario para o alumnado e buscarán a implicación activa de toda a comunidade educativa.

Son actividades extraescolares as seguintes:

• Os intercambios con outros centros
• As viaxes, excursións ou saídas culturais
• Os cursos ou cursiños
• Aqueloutras que así o determine o centro a través dos órganos competentes.

OUTRAS ACTIVIDADES

Poderanse organizar outras actividades no centro a proposta de calquera membro da comunidade educativa que sexan de interés tanto para o centro coma para os destinatarios aos que vai dirixida. En calquera caso as propostas de outras actividades deberán seguir os puntos enumerados anteriormente no apartado que corresponda.

Distribuir contido


by Dr. Radut