Skip to Content

Agrupacións Corais e Instrumentais

Concurso de Solistas - Orquestra CMUS

Premendo no seguinte link podedes acceder ás Bases do Concurso de Solistas que este curso 2022-2023 realiza o Conservatorio Profesional de Música por vez primeira co obxectivo de que alumnado de diferentes especialidades teña a posibilidade de tocar como solista coa Orquestra do CMUS.

Para participar no mesmo é requisito indispensable cumprimentar o Anexo I das bases da convocatoria e entregalo nas oficinas do Conservatorio no prazo comprendido entre o 14 e o 23 de novembro de 2022. Tamén se pode remitir por correo electrónico ao enderezo conservatorio@vilagarcia.gal

 

As probas de preselección terán lugar entre o 28 e o 30 de novembro e a selección final o 14 de decembro de 2022.

 

Os Concertos coa Orquestra do CMUS terán lugar na primaveira de 2023.

Distribuir contido


by Dr. Radut