Skip to Content

Taxas académicas do Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa

As taxas académicas do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Vilagarcía de Arousa figuran establecidas na Ordenanza Fiscal II.4 do Concello de Vilagarcía de Arousa. 

O pagamento das taxas do curso académico realízase por domiciliación bancaria en tres pagos que, habitualmente, o Concello de Vilagarcía pasa ao cobro nos meses de xullo, outubro e decembro de cada ano.

Existen diferentes tipos de bonificacións aplicables ao alumnado do centro. No caso dos descontos do 25 % e 60 %, é o Conservatorio quen os aplica de oficio, xa que están destinados para os supostos de dous ou máis membros da mesma unidade familiar matriculados no centro. 

Por outra banda a Ordenanza estipula a posibilidade de solicitar á bonificación do 50 % das taxas en base a criterios específicos referidos á renda das familias. 

O alumnado do Grao Profesional pode solicitar, ademáis,  as Bolsas de Estudo que, cada ano, convoca o Ministerio de Educación e Formación Profesional 

 Para máis información contacten co centro no enderezo secretaria@cmusvilagarcia.gal 

AnexoTamaño
ORDENANZA REGULADORA DAS TAXAS DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA.pdf145.73 KB


page | by Dr. Radut