Skip to Content

Logos

 

 

                                                                          

Actividades complementarias

Actividades complementarias relacionadas cos contidos dos módulos do ciclo superior de Xestión Forestal e do Medio Natural

CHARLA DE CENSOS CINEXÉTICOS

PRINCIPAIS TEMAS A TRATAR DA XESTIÓN CINEXÉTICA (AVALIACIÓN DE POBOACIÓNS)

 Situación actual da caza en Galicia.

 Inventario cinexético:

  1. Obxectivos.
  2. Planificación do censo.
  3. Métodos de censo para especies de caza menor. 
  4. Métodos de censo para especies de caza maior.

 Proxectos de seguimento e xestión nos que colabora a “Federación Galega de Caza” (FGC): 

  • “Observatorio Cinegético” (Dinámica poblacional de especies residentes, censos nocturnos, aves migratorias estivales, caza mayor y aves migratorias invernantes) con “Fundación Artemisan”.
  • “Proxecto ARCEA” (Estudo e xestión da poboación de arcea (Scolopax rusticola) en Galicia) coa “Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático”. 
  • “Proyecto COTURNIX” (Seguimiento y gestión sostenible de la codorniz (Coturnix coturnix) en España) con “Fundación Artemisan”. 
  • “Proyecto ZORZALES” (Monitorización, seguimiento y gestión de zorzales en España) con “Fundación Artemisan”.

 Resultados dos censos e correspondentes medidas de xestión cinexéticas.

 

Imaxe 1. Censo de becadas e toma de datos de idades. Fonte: Extraído de https://casabecada.ccbp.org/.

 

 

Imaxe 2. Censadores da "Fundación artemisan". Fonte: Extraído de https://casabecada.ccbp.org/.

 

 

 

Imaxe 3 Resultados do “Observatorio Cinegético” da “Fundación Artemisan” no ano 2022 en referencia á aves residentes. Fonte: Extraído de https://fundacionartemisan.com/.

Data: XOVES 23

LugarCIFP SANTIAGO. 

Hora: 20:00 h.

Destinatarios: Alumnos do módulo Xestión cinexética

Ponentes: persoal pertencente a federación galega de caza 

CHARLA TEMÁTICA DO OSO PARDO CANTÁBRICO

TEMAS A TRATAR:

O Oso Pardo Cantábrico.

Conservación de grandes mamíferos.

Técnicas de rastreo.

Destinatarios: alumnado do ciclo de Xestión forestal e do medio natural

Relatora: Noa González Borrajo (Bióloga colaboradora da Fundación Oso de Asturias)

Data: luns 13 de Maio, ás 18:30 h.

 

VISITA AO CENTRO ICTIOLÓXICO DE XIMONDE EN VEDRA

02/05/2024 16:00
02/05/2024 21:30

 

Actividade complementaria do ciclo superior de xestión forestal e do medio natural

Data: Xoves 2 de maio de 2024

Hora de saída: 16:00 h dende o Centro

Hora de chegada: 21:30 h. aprox.

Destinatarios: alumnado do módulo de xestión da pesca continental.

 

Charla temática A Ponte: Aplicaciós e potencialidades da aplicación dos Sistemas de Información Xeográfica (SIG)

A charla trata sobre:

Aplicacións e potencialidades da aplicación dos Sistemas de Información Geográfica (SIG) nos campos da ordenación do territorio, prevención de riscos naturais, xestión de redes ou diagnóstico de desigualdades sociais.

 

 

Data: martes 30 de abril de 2024

Hora: 18:10 -19:50 h

Destinatarios: Alumnado do módulo de topografía agraria

Relatores: María José Piñeira Mantiñán e María Ángeles Piñeiro Antelo. Programa Ponte USC

Lugar: CIFP SANTIAGO, Aula informática

 

 

VISITA PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE ILLAS ATLÁNTICAS (ILLAS CÍES)

26/04/2024 09:00

undefinedArchivo:Illas cies.JPG - Wikipedia, la enciclopedia libre

O arquipélago de Cíes está composto por 3 illas: Monteagudo, Faro e San Martiño e os illotes de Agoeiro ou Boeiro, Penela dos Viños, Carabelos e Ruzo. Está situado na bocana da ría de Vigo.

Se voamos por riba do arquipélago de Cíes queda patente o relevo tan contrastado entre a cara oeste, orientada ao océano, onde os abruptos cantís se elevan máis de 150 metros , e a cara leste, que mira cara a ría de Vigo e toca o mar coas areas das súas praias. Destaca pola súa importancia xeomorfolóxica e biolóxica o complexo formado pola barreira da praia de Rodas, que actúa de ponte natural entre as illas Monteagudo e Faro, e O Lago (antigamente “O Lago dos Nenos”), que serve de refuxio de cría de peixes e outros animais acuáticos. Noutrora poboadas, as Cíes ofrecen unha boa mostra de patrimonio cultural: ruínas de mosteiros, castros, fabricas de salga e almacéns dos carabineiros.

Pertence ao concello de Vigo

Superficie 3.091 Hectáreas: 433 ha terrestres e 2.658 ha mariñas.

Outras figuras de protección Parque Natural dende 1980. Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA) dende 1988. ZEC Illas Cíes dende 2014.

Actividade e itinerario proposto: Ruta ao faro de Cíes:

- Recepción e saída do muelle de Rodas

- Lagoa dos Nenos

- Antigo almacén de artillería e mosteiro de San Esteban

- Subida faro- Pedra da Campa- Observatorio de aves

- Comida

Actividades de eliminación de especies invasoras: Será unha actividade guiada polo persoal do propio Parque. 

 

DATA: 26/04/2024

HORA DE PRESENTACIÓN NA SAÍDA: 09:00

HORA ESTIMADA DE REGRESO: 22:00

DESTINATARIOS: ALUMNOS DO CICLO SUPERIOR DE XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL.

 

Visita ADEGA

 

PROXECTO RÍOS

En 2005 nace o Proxecto Ríos en Galicia, coordinado por ADEGA, cos propósitos de divulgar a situación ambiental dos nosos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da participación cidadá e aportar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos, así como de convertese nun referente nos programas de educación e voluntariado ambiental. Na actualidade este proxecto está promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través dos organismos Augas de Galicia e Instituto de Estudos do Territorio.”

Data: xoves 21 de marzo de 2024

Hora: 16:00 h.

 

Destinatariosalumnado do módulo de Técnicas de educación ambiental.

 

Responsable: A actividade farase a proposta da profesora do módulo (Carmen Eiras Dorado) pola Asociación Ecoloxista ADEGA.

Proxecto Fluviatilis que financia a Fundación Biodiversidade para o traballo cos ecosistemas fluviais e as especies invasoras.

 

Descrición da actividade: a actividade proposta consiste nun percorrido polo río Sarela, unha visita guiada e visualización dunha exposición sobre especies invasoras.

 

Obxectivos didácticos:

 

- Proporcionar ao alumnado coñecementos sobre ecoloxía do medio fluvial e lacustre.

- No río Sarela realizarase unha inspección do estado do río con especial atención á fauna e á flora como bioindicadores, coa finalidade de aprender a clasificar o estado do medio acuático.

 

- Esta actividade complementa as unidades sobre medio físico, ecosistemas, flora e fauna e permite un contacto con responsables dun proxecto de conservación do devandito medio

VISITA A ENCE

 

Ence é o primeiro xestor forestal privado en España. A xestión de superficies forestais, a investigación aplicada ao rendemento das especies, o seu cultivo, coidado e mantemento para a extracción de madeira e biomasa constitúen as súas actividades principais en materia forestal”

 

Día: mércores 20/03/24

  

Hora: Saída en bus dende o CIFP SANTIAGO, ás 15:30 horas. Rógase puntualidade.

 

Destino: Rois (A Coruña) aproveitameto forestal nun monte xestionado por ENCE.

 

Destinatarios: alumnado do módulo de Xestión dos aproveitamentos do medio forestal

 

Responsable: A actividade farase a proposta do profesor do módulo (Fernando García Blanco) polo persoal de Ence.

 

 

 

 

 

 

XORNADA DE IGUALDADE 23/24

VISITA A CULTIGAR

27/02/2024 15:15

Cultigar

É un laboratorio de Biotecnoloxía Vexetal pioneiro en Galicia, dedicado á Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico no ámbito da:

  • Producción

  • Cultivo

  • Calidade sanitaria

de plantas Ornamentais, forestais e hortofrutícolas de alto nivel económico

Tamén desenvolve outro tipo de actividads como mantemento de bancos de xermoplasma, micropropagación mediante cultivo in vitro e aclimatación en vivero de todo tipo de plantas.

Fecha: 27/02/2024

 

Hora de saída do centro: 15:15

 

Hora de regreso: 18:00

 

Destinatarios: alumnos do centro

Charla temática do programa A Ponte da USC.

20/02/2024 16:30

Árbores que medran en tubos de ensaio 

Co cultivo in vitro podemos clonar masivamente árbores seleccionadas nunha cámara de cultivo de reducidas dimensións. Esta técnica permite clonar, por exemplo, castiñeiros, carballos, cerdeiras e nogueiras máis produtivos ou resistentes a enfermidades. 

 

Árbol de la naturaleza en el logo del tubo de ensayo de laboratorio |  Vector Premium

Destinatarios: alumnado de Xestión e organización do viveiro forestal

Ponente: Juan Luis Fernández Lorenzo.  

Data: martes 20 de febreiro ás 16:30

Lugar: CIFP SANTIAGO. AULA 1.6

Distribuir contido


by Dr. Radut