Skip to Content

Logos

 

 

                                                                          

Complementarias

CHARLA DE CENSOS CINEXÉTICOS

PRINCIPAIS TEMAS A TRATAR DA XESTIÓN CINEXÉTICA (AVALIACIÓN DE POBOACIÓNS)

 Situación actual da caza en Galicia.

 Inventario cinexético:

  1. Obxectivos.
  2. Planificación do censo.
  3. Métodos de censo para especies de caza menor. 
  4. Métodos de censo para especies de caza maior.

 Proxectos de seguimento e xestión nos que colabora a “Federación Galega de Caza” (FGC): 

  • “Observatorio Cinegético” (Dinámica poblacional de especies residentes, censos nocturnos, aves migratorias estivales, caza mayor y aves migratorias invernantes) con “Fundación Artemisan”.
  • “Proxecto ARCEA” (Estudo e xestión da poboación de arcea (Scolopax rusticola) en Galicia) coa “Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático”. 
  • “Proyecto COTURNIX” (Seguimiento y gestión sostenible de la codorniz (Coturnix coturnix) en España) con “Fundación Artemisan”. 
  • “Proyecto ZORZALES” (Monitorización, seguimiento y gestión de zorzales en España) con “Fundación Artemisan”.

 Resultados dos censos e correspondentes medidas de xestión cinexéticas.

 

Imaxe 1. Censo de becadas e toma de datos de idades. Fonte: Extraído de https://casabecada.ccbp.org/.

 

 

Imaxe 2. Censadores da "Fundación artemisan". Fonte: Extraído de https://casabecada.ccbp.org/.

 

 

 

Imaxe 3 Resultados do “Observatorio Cinegético” da “Fundación Artemisan” no ano 2022 en referencia á aves residentes. Fonte: Extraído de https://fundacionartemisan.com/.

Data: XOVES 23

LugarCIFP SANTIAGO. 

Hora: 20:00 h.

Destinatarios: Alumnos do módulo Xestión cinexética

Ponentes: persoal pertencente a federación galega de caza 

VISITA AO CENTRO ICTIOLÓXICO DE XIMONDE EN VEDRA

02/05/2024 16:00
02/05/2024 21:30

 

Actividade complementaria do ciclo superior de xestión forestal e do medio natural

Data: Xoves 2 de maio de 2024

Hora de saída: 16:00 h dende o Centro

Hora de chegada: 21:30 h. aprox.

Destinatarios: alumnado do módulo de xestión da pesca continental.

 

XORNADA DE IGUALDADE 23/24

Charla sobre o sistema de comunicacións cifrado TETRA

Charla sobre o sistema de comunicacións cifrado empregado na defensa contra os incendios forestais na Comunidade autónoma de Galicia.

 

Data: Luns 19 de Febreiro

Lugar: CIFP SANTIAGO. AULA 1.7

Hora: 18:10 h.

Destinatarios: Alumnos do módulo defensa contra incendios

Ponente: Gustavo Álvarez Bea (Coord. Sist. e Tecnol. Inf. da Consellería de Medio Rural)

 

Esta actividade encádrase dentro das actividades formativas complementarias que realiza o Centro e é obrigatoria para o alumnado.

 

 

VISITA AO CENTRO DE COORDINACIÓN CENTRAL DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

23/01/2024 16:30
23/01/2024 17:30

 

 

 

Data: 23 de xaneiro de 2024

Hora: 16:30

Lugar: Centro de Coordinación Central. Situado en Rúa de San Lázaro, 61, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

Destinatarios: alumnado do módulo de defensa contra incendios forestais

Responsable: A actividade farase a proposta do profesor do módulo polo persoal do CCC da D.X. de Defensa do Montes.

 

 

 

CHARLA PARA O ALUMNADO DO MÓDULO DE XESTIÓN E CONSERVACIÓN DO MEDIO NATURAL

PROXECTOS AFOLU/NbS (Solucións baseadas na natureza) como mecanismos de redución de emisión de gases de efecto invernadoiro (GEI)

Esta charla tratará sobre:

  • Que son os proxectos AFOLU/NbS (Solucións baseadas na natureza)

  • Pegada de carbono e redución de emisión de gases de efecto invernadoiro (GEI)Mecanismos existentes: Proxectos ONU-REDD+, Verra VCS, CERCARBONO, Gold Standard, CDM (ONU), Plan Vivo, MITECO

  • Mecanismos existentes: Proxectos ONU-REDD+, Verra VCS, CERCARBONO, Gold Standard, CDM (ONU), Plan Vivo, MITECO

 

Relatora: Marta del Valle Duque. Enxeñeira de Montes

Destinatarios: alumnado do módulo de Xestión e Conservación do Medio Natural

Data: venres 19 de Xaneiro do 2024

Lugar: CIFP SANTIAGO. AULA 1.6

 

 

 

VISITA DO ALUMNADO DO MÓDULO XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DO VIVEIRO FORESTAL

05/12/2023 15:00
05/12/2023 19:00

VISITA A VIVEIROS BOIBEL

Boibel Forestal nace no ano 1992 impulsada por un grupo de xóvenes do rural galego formados en diferentes áreas científico-técnicas relacionadas co sector forestal e agrícola que deciden por en andamento unha iniciativa empresarial que desenvolve 3 ramas do sector forestal:

  1. Viveiro forestal e ornamental, como productores de planta frondosa principalmente, para uso forestal e ambiental, na que destaca a producción de Castanea x hibrida (castiñeiro híbrido).
  2. Servizos forestais, dedicada á selvicultura e especializada na plantación e mantemento de frondosas caducifolias.
  3. Servizos de Enxeñería, dedicada ao asesoramento, elaboración e redacción de proxectos no ámbito agroforestal e no medio rural.

Boibel conseguiu en poucos anos un recoñecemento entre os profesionais e clientes do sector como empresa de servizos forestais, enxeñería e como viveiro.

Boibel - Castaño híbridoBoibel - El viveroBoibel - Abies nordmanniana

Destinatarios: alumnado do módulo de XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DO VIVEIRO FORESTAL

Data: martes 5 de Decembro as 15:00 rógase puntualidade.

Lugar de saída: CIFP SANTIAGO.

Destino: Viveiros Boibel, Frades, A Coruña.

Hora de regreso aproximada: 19:00 h.

VISITA Á ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA AREEIRO

Docentes: 

María Isabel Otero García

Rosendo Luis Estévez Parada

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CHARLA ALUMNADO DO MÓDULO XESTIÓN APROVEITAMENTOS FORESTAIS

30/11/2023

 "COGOMELOS COMESTIBLES E VELENOSOS"

Esta charla tratará sobre:
Descrición das especies máis importantes de cogomelos comestibles e velenosos presentes en Galicia:

    • MORFOLOXÍA.
    • ECOLOXÍA
    • COMESTIBILIDADE.
    • CONFUSIÓNS
    • ETC.

 

Destinatarios: alumnado de Xestión Aproveitamentos Forestais

Relator: Antonio Rigueiro Rodríguez

Data: Xoves 30 Novembro de 16:30 a 18:00

Lugar: CIFP SANTIAGO. AULA 1.7

 

Charla módulo de Xestión de Montes

"A historia escrita nos aneis das árbores"

 

Os aneis de crecemento das árbores varían segundo as condicións ambientais do sitio no que se formaron, sendo máis estreitos nos anos máis desfavorables para o crecemento, e anchos cando as condicións son boas. Deste xeito, árbores que crecen en áreas próximas son parecidos entre si, e van sendo máis diferentes a medida que as áreas están máis lonxe. Isto fai que sexa posible obter series de aneis, denominadas series dendrocronolóxicas, que poden ser encaixadas unhas con outras, e así construír secuencias cada vez máis longas.

 

As aplicacións destas técnicas son moi útiles en múltiples disciplinas, porque a árbore é como unha caixa negra que vai rexistrando os acontecementos ao longo da súa vida. Nesta charla mostraranse as principais utilidades, que abranguen desde comprender o crecemento das árbores, as respostas ao clima e a dinámica forestal, incendios forestais ou pragas de insectos. Tamén se falará das moitas aplicacións en investigación histórica, mediante a datación de obxectos de madeira, edificios antigos e xacementos, e finalmente, a importancia xeolóxica para reconstruír procesos coma os terremotos ou as erupcións volcánicas.

 

Destinatarios: alumnado de Xestión de Montes

Ponente: Ignacio García González. Programa Ponte USC

Data: mércores 15 de febreiro as 16:30

Lugar: CIFP SANTIAGO. AULA 0.7

Distribuir contido


by Dr. Radut