Skip to Content

Logos

 

 

                                                                          

Información ciclo

INFORMACIÓN XERAL CICLO SUPERIOR "XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL"


No CIFP SANTIAGO impártese o ciclo superior de "xestión forestal e do medio natural".

O ciclo ten unha duración de 2000 horas e consta de 14 módulos formativos que unha vez superados permiten matricularse nos dous derradeiros de:

  • Formación en centros de traballo e

 

  • Proxecto de xestión forestal e conservación do medio

 

 

O ciclo impártese na modalidade presencial para adultos o que permite aos/ás interesados/as a posibilidade de matricularse en módulos sueltos, dende un ata o máximo para completar un grupo completo.

Achégase na documentación anexa información sobre módulos e os grupos.

 

Pódese empezar indistintamente polo grupo A ou o polo B, pero o que non pode existir é solape horario, por tanto non se aconsella a matrícula en módulos que non sexan do mesmo grupo e, en caso de que se quera facelo igualmente, consultade nos arquivos adxuntos os solapes horarios.

Para poder matricularse en FCT e Proxecto, nesta modalidade, tense que ter superados os 14 módulos dos grupos A e B. Por tanto, o máis axiña que se pode rematar o curso é en dous cursos académicos para os grupos A e B, máis 4 meses dun tercer curso para FCT e Proxecto.

Achéganse como adxuntos os seguintes documentos:

  • Triptico informativo
  • Cadro informativo de módulos por grupos e horas
  • Solape módulos

 

 

 

PROBAS LIBRES CURSO 2020-2021

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Pódese obter información de convocatorias anteriores na páxina da consellería de educación: https://www.edu.xunta.gal/fp/libres

A convocatoria que a regula  adoita saír publicada no DOG a finais de marzo ou principios de abril, excepto o curso pasado (2019-2020) que saíu máis tarde pola pandemia. Os exames xeralmente realízanse en xuño.

Achéganse nos ficheiros adxuntos as programacións de cada módulo, indicando que aínda están sen supervisar polo inspector.

Para calquera dúbida pódese contactar co centro:

  • Teléfono: 881 867 650
  • correo electrónico: cifp.santiago@edu.xunta.gal

 

Distribuir contido


by Dr. Radut