Skip to Content

Logos

 

 

                                                                          

VISITA PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE ILLAS ATLÁNTICAS (ILLAS CÍES)

26/04/2024 09:00

undefinedArchivo:Illas cies.JPG - Wikipedia, la enciclopedia libre

O arquipélago de Cíes está composto por 3 illas: Monteagudo, Faro e San Martiño e os illotes de Agoeiro ou Boeiro, Penela dos Viños, Carabelos e Ruzo. Está situado na bocana da ría de Vigo.

Se voamos por riba do arquipélago de Cíes queda patente o relevo tan contrastado entre a cara oeste, orientada ao océano, onde os abruptos cantís se elevan máis de 150 metros , e a cara leste, que mira cara a ría de Vigo e toca o mar coas areas das súas praias. Destaca pola súa importancia xeomorfolóxica e biolóxica o complexo formado pola barreira da praia de Rodas, que actúa de ponte natural entre as illas Monteagudo e Faro, e O Lago (antigamente “O Lago dos Nenos”), que serve de refuxio de cría de peixes e outros animais acuáticos. Noutrora poboadas, as Cíes ofrecen unha boa mostra de patrimonio cultural: ruínas de mosteiros, castros, fabricas de salga e almacéns dos carabineiros.

Pertence ao concello de Vigo

Superficie 3.091 Hectáreas: 433 ha terrestres e 2.658 ha mariñas.

Outras figuras de protección Parque Natural dende 1980. Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA) dende 1988. ZEC Illas Cíes dende 2014.

Actividade e itinerario proposto: Ruta ao faro de Cíes:

- Recepción e saída do muelle de Rodas

- Lagoa dos Nenos

- Antigo almacén de artillería e mosteiro de San Esteban

- Subida faro- Pedra da Campa- Observatorio de aves

- Comida

Actividades de eliminación de especies invasoras: Será unha actividade guiada polo persoal do propio Parque. 

 

DATA: 26/04/2024

HORA DE PRESENTACIÓN NA SAÍDA: 09:00

HORA ESTIMADA DE REGRESO: 22:00

DESTINATARIOS: ALUMNOS DO CICLO SUPERIOR DE XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL.

 



event | by Dr. Radut