Skip to Content

Logos

 

 

                                                                          

Actividades complementarias

Actividades complementarias relacionadas cos contidos dos módulos do ciclo superior de Xestión Forestal e do Medio Natural

Charla sobre o sistema de comunicacións cifrado TETRA

Charla sobre o sistema de comunicacións cifrado empregado na defensa contra os incendios forestais na Comunidade autónoma de Galicia.

 

Data: Luns 19 de Febreiro

Lugar: CIFP SANTIAGO. AULA 1.7

Hora: 18:10 h.

Destinatarios: Alumnos do módulo defensa contra incendios

Ponente: Gustavo Álvarez Bea (Coord. Sist. e Tecnol. Inf. da Consellería de Medio Rural)

 

Esta actividade encádrase dentro das actividades formativas complementarias que realiza o Centro e é obrigatoria para o alumnado.

 

 

CHARLA ALUMNADO DO MÓDULO DE XESTIÓN DE MONTES

Xestión de soutos”

Esta charla tratará sobre:

  • A importancia dos soutos en Galicia

  • Variedades de castiñeiros

  • Achega económica da castaña

  • Principais pragas e tratamentos

 

Destinatarios: alumnado de Xestión de Montes

Relatora: Marta del Valle Duque - Enxeñeira de montes

Data: venres 16 de febreiro ás 18:10

Lugar: CIFP SANTIAGO. AULA 1.6

VISITA AO CENTRO DE COORDINACIÓN CENTRAL DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

23/01/2024 16:30
23/01/2024 17:30

 

 

 

Data: 23 de xaneiro de 2024

Hora: 16:30

Lugar: Centro de Coordinación Central. Situado en Rúa de San Lázaro, 61, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

Destinatarios: alumnado do módulo de defensa contra incendios forestais

Responsable: A actividade farase a proposta do profesor do módulo polo persoal do CCC da D.X. de Defensa do Montes.

 

 

 

CHARLA PARA O ALUMNADO DO MÓDULO DE XESTIÓN E CONSERVACIÓN DO MEDIO NATURAL

PROXECTOS AFOLU/NbS (Solucións baseadas na natureza) como mecanismos de redución de emisión de gases de efecto invernadoiro (GEI)

Esta charla tratará sobre:

  • Que son os proxectos AFOLU/NbS (Solucións baseadas na natureza)

  • Pegada de carbono e redución de emisión de gases de efecto invernadoiro (GEI)Mecanismos existentes: Proxectos ONU-REDD+, Verra VCS, CERCARBONO, Gold Standard, CDM (ONU), Plan Vivo, MITECO

  • Mecanismos existentes: Proxectos ONU-REDD+, Verra VCS, CERCARBONO, Gold Standard, CDM (ONU), Plan Vivo, MITECO

 

Relatora: Marta del Valle Duque. Enxeñeira de Montes

Destinatarios: alumnado do módulo de Xestión e Conservación do Medio Natural

Data: venres 19 de Xaneiro do 2024

Lugar: CIFP SANTIAGO. AULA 1.6

 

 

 

VISITA DO ALUMNADO DO MÓDULO XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DO VIVEIRO FORESTAL

05/12/2023 15:00
05/12/2023 19:00

VISITA A VIVEIROS BOIBEL

Boibel Forestal nace no ano 1992 impulsada por un grupo de xóvenes do rural galego formados en diferentes áreas científico-técnicas relacionadas co sector forestal e agrícola que deciden por en andamento unha iniciativa empresarial que desenvolve 3 ramas do sector forestal:

  1. Viveiro forestal e ornamental, como productores de planta frondosa principalmente, para uso forestal e ambiental, na que destaca a producción de Castanea x hibrida (castiñeiro híbrido).
  2. Servizos forestais, dedicada á selvicultura e especializada na plantación e mantemento de frondosas caducifolias.
  3. Servizos de Enxeñería, dedicada ao asesoramento, elaboración e redacción de proxectos no ámbito agroforestal e no medio rural.

Boibel conseguiu en poucos anos un recoñecemento entre os profesionais e clientes do sector como empresa de servizos forestais, enxeñería e como viveiro.

Boibel - Castaño híbridoBoibel - El viveroBoibel - Abies nordmanniana

Destinatarios: alumnado do módulo de XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DO VIVEIRO FORESTAL

Data: martes 5 de Decembro as 15:00 rógase puntualidade.

Lugar de saída: CIFP SANTIAGO.

Destino: Viveiros Boibel, Frades, A Coruña.

Hora de regreso aproximada: 19:00 h.

Charla: "O uso terapéutico das plantas medicinais"

Destinatarios: alumnado de Botánica Agronómica

Data: mércores 24 de maio as 18:10

Lugar: CIFP SANTIAGO. AULA 1.7

Relatora: Dolores Viña Castelao. Programa Ponte USC

 

 

 Esta charla tratará sobre:

  • O uso das plantas na medicina tradicional que se remonta á época prehistórica. Na actualidade, os seus principios activos son a base da maioría dos medicamentos que podemos obter na farmacia.

  • O uso de plantas medicinais como tratamento alternativo con fins preventivos e curativos qué é unha práctica que aumentou significativamente nos últimos anos.

  • As plantas medicinais máis usadas en España, lembrando que non por ser un "remedio natural" están exentas de efectos adversos.

  • As formas de administración: desde infusións tradicionais a cápsulas, comprimidos, formas de aplicación tópica, etc.

  • A lexislación europea e española sobre medicamentos que regula o uso medicinal das plantas co obxectivo de avaliar a súa calidade, eficacia e seguridade.

 

 

 

 

 

 

 

Elas no Sector Forestal

Data: martes 23 de maio de 2023

Hora: 16:30 h

Lugar: Aula 0.7 do CIFP SANTIAGO

 

 Actividade complementaria para visibilizar e poñer en valor  o traballo que as mulleres realizan no sector forestal e da madeira.

 

Diversas mulleres falaran da súa experiencia no sector. Entre elas:

 

    • Ana Rodríguez:  enxeñeira forestal que deu un xiro ao negocio dos seus pais, ao incorporarse fai catro anos á empresa familiar, Madeiras Ou Fragueiro, de Tui, e que compaxina tarefas de oficina co traballo no monte.

      

    • Rita Fandiño:  maquinista forestal. Leva catorce anos traballando non sector e recoñece que «ao principio, vos madeireiros dicían "a onde irá esta muller?", pero ao día de hoxe non».

 

    • Traballadoras da empresa ENCE virán a expoñer o seu “Programa talento” que é un programa de bolsas que brinda ás e aos estudantes recentemente titulados a oportunidade de iniciar a súa carreira profesional participando activamente nos procesos e proxectos empresariais nas distintas áreas que compoñen a empresa ENCE. Participarán:

  • Teresa González Aguado - Xerente de aproveitamentos e compra en pe da zona da Coruña (Centro e Sur) e Pontevedra
  • Coral Pereiro Fernández - Xestora de aproveitamentos zona 8 da Coruña
  • Vanesa Ramas Castro - Xestora de persoas - capital humanO

Imaxes da actividade:

 

 

 

Actividade na Aula da natureza da Siradella

Aula da Natureza da Siradella

Data:venres 12 de maio de 2023

Hora: 16:30 h. Saída en bus dende o CIFP SANTIAGO

Duración aproximada: 4 horas

 

Destinatarios: todo o alumnado do ciclo superior de xestión forestal e do medio natural

 

Responsable: A actividade farase a proposta da profesora do módulo (Carmen Eiras Dorado) pola Aula da natureza da Siradella.

 

Descrición da actividade: Realizarase unha pequena explicación no miradoiro que está ao carón da aula e na exposición, a continuación se realizará o visionado do vídeo do Complexo intermareal Umia-O Grove, e para rematar dúas actividades grupais:

 

-Abre as orellas: xogo onde aprenderemos a recoñecer o canto de diferentes aves.

 

-Quen pillara á píllara: xogo de role onde, a través da postura de distintos personaxes (axentes forestais, cazadores, investigadores, turistas, etc.) deberán defender a súa postura (a favor ou en contra) en relación á protección da píllara das dunas e chegar a un consenso sobre as medidas a toma

 

************************************************************

Imaxes do día da visita:

 

 

Charla alumnado módulo de Defensa Contra Incendios Forestais

Asunto: Avaliación dos impactos ecolóxicos por incendios forestais. Técnicas de estabilización do chan”

 

Relatora: Cristina Fernández Filgueira. Doutora en bioloxía do Centro de Investigación Forestal de Lourizán

Destinatarios: alumnado do módulo de Defensa Contra Incendios Forestais

Data: martes 9 de maio as 16:30 h.

 

Lugar: CIFP SANTIAGO. AULA 1.7

VISITA AO CENTRO DE COORDINACIÓN CENTRAL DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

O Centro de coordinación central en Santiago de Compostela. Solicita medios ao Estado cando é necesario. Coordina certos medios aéreos e tamén o apoio de medios entre provincias como funcións principais.”

 

 

Data: martes 25 de abril de 2023

 

Hora: 16:45 horas

 

Lugar: Centro de Coordinación Central. Situado en Rúa de San Lázaro, 61, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

Destinatarios: alumnado do módulo de defensa contra incendios forestais

 

 

Responsable: A actividade farase a proposta do profesor do módulo (Juan Carlos Doce Caruncho) polo persoal do CCC da D.X. de Defensa do Montes.

 

Obxectivos didácticos:

- Coñecer o traballo ordinario e o proceso de toma de decisións no CCC

- Saber as aplicacións informáticas que se empregan no CCC

 

Distribuir contido


by Dr. Radut