Skip to Content

Logos

 

 

                                                                          

Visita ADEGA

 

PROXECTO RÍOS

En 2005 nace o Proxecto Ríos en Galicia, coordinado por ADEGA, cos propósitos de divulgar a situación ambiental dos nosos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da participación cidadá e aportar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos, así como de convertese nun referente nos programas de educación e voluntariado ambiental. Na actualidade este proxecto está promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través dos organismos Augas de Galicia e Instituto de Estudos do Territorio.”

Data: xoves 21 de marzo de 2024

Hora: 16:00 h.

 

Destinatariosalumnado do módulo de Técnicas de educación ambiental.

 

Responsable: A actividade farase a proposta da profesora do módulo (Carmen Eiras Dorado) pola Asociación Ecoloxista ADEGA.

Proxecto Fluviatilis que financia a Fundación Biodiversidade para o traballo cos ecosistemas fluviais e as especies invasoras.

 

Descrición da actividade: a actividade proposta consiste nun percorrido polo río Sarela, unha visita guiada e visualización dunha exposición sobre especies invasoras.

 

Obxectivos didácticos:

 

- Proporcionar ao alumnado coñecementos sobre ecoloxía do medio fluvial e lacustre.

- No río Sarela realizarase unha inspección do estado do río con especial atención á fauna e á flora como bioindicadores, coa finalidade de aprender a clasificar o estado do medio acuático.

 

- Esta actividade complementa as unidades sobre medio físico, ecosistemas, flora e fauna e permite un contacto con responsables dun proxecto de conservación do devandito medio



story | by Dr. Radut