Skip to Content

Logos

 

 

                                                                          

INICIO CURSO 2021-2022

 O vindeiro mércores 15 de setembro  terá lugar a  presentación do curso 2021-2022 do ciclo superior de Xestión Forestal e do medio natural.

 

Lugar: CIFP SANTIAGO

Data: 15/09/2021

 

 

 

Para maior seguridade e en cumprimento das recomendacións sanitarias de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia a presentación realizarase en tres grupos:


Horario e aula:

Aula 0.7 (entrada pola porta principal)

  • 17:00 h.: Alumnado cuxa primeira letra do primeiro apelido empece por A ata a L

Aula 1.7 (entrada traseira primeiro andar)

  • 18:00 h.: Alumnado cuxa primeira letra do primeiro apelido empece por M ata a Z
  • 19:00 h.: Alumnado matriculado en FCT e PROXECTO

As clases empezarán o xoves 16 de setembro co seu horario normal que se achega como ficheiro adxunto.

*** Achéganse os seguintes arquivos/enlaces:

INFORMACION ADMISION E MATRICULA

Publicada no día de hoxe :

- a listaxe definitiva de solicitantes

-1ª adxudicación ordinaria

para o curso 2021/2022 ( https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2021-2022)

INFORMACIÓN XERAL DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

 

INFORMACIÓN XERAL DE ADMISIÓN E MATRÍCULA 

 

 

RÉXIME: MODULAR DE ADULTOS PRESENCIAL

MÓDULOS OFERTADOS: CICLO COMPLETO

 

Publicada a oferta formativa e o calendario de admisión e matrícula para o curso 2021/22 (www.edu.xunta.gal/fp).

Pendente de publicación as instrucións xerais do proceso de admisión.

 

O prazo de presentación de solicitudes empeza o 25 de xuño

 

O alumnado que cursou no 2020/21 neste réxime de adultos deberá participar igualmente no proceso de admisión previo á matrícula. De non facelo só poderá matricularse nos módulos que queden liberados.

 

O proceso de admisión é centralizado e deberá facerse online segundo as instrucións que se publiquen.

 

A adxudicación dos módulos farase segundo baremación, que terá en conta tipo de acceso, módulos superados e experiencia laboral.

 

Os alumnos propostos para FCT, unha vez superados os módulos obrigatorios, non participarán no proceso de admisión, debendo matricularse directamente de FCT e Proxecto no prazo establecido.

 

Adxuntos:

. bloques horarios

. módulos ofertados 

. calendario de admisión e matrícula

 

                                     #FPGalicia

AXUDAS ECONÓMICAS PARA O ALUMNADO DE FCT

                                                                                                                                    

 O alumnado interesado deberá:

.- Estar matriculado no módulo de FCT no curso vixente (2020-2021) e rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2021

.- O concello do centro de traballo non pode ser o mesmo que o do centro educativo nin o de residencia do alumno/a

.- Presentar a documentación que se recolle na Orde do 25 de maio de 2021 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo que se achega como ficheiro adxunto.

.- Cumprir o resto de requisitos contemplados na citada Orde

 

 

                                      

CALENDARIO PROBAS FINAIS CS XESTION FORESTAL E DO MEDIO NATURAL 2020-2021

Charla temática da Fundación Oso de Asturias

O Oso Pardo no Noroeste Peninsular. Conservación, Educación e Divulgación

Bioloxía, Evolución, Estado de Conservación, Accións realizadas desde a Fundación Oso de Asturias, Problemática e solucións co medio rural, Educación e divulgación.

Destinatarios: alumnado de Xestión e Conservación do Medio Natural.

Ponente: Noa González Borrajo (Bióloga da Fundación Oso de Asturias)

Data:  Venres 7 de Maio, ás 19:50

 

PROBAS LIBRES Curso 2020-2021

MODIFICACIÓN DO PERÍODO DE MATRÍCULA

 

Modificase o período de matrícula que pasa a ser o seguinte:

*O período de presentación de solicitudes de matrícula será do 12 ao 19 de maio de 2021 ás 13:00 horas para aqueles que presentaron solicitude de admisión no período ordinario.

 

 *Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a prealización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:

 

  • sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculados neles no curso académico de realizacón da proba.
  • ata un máximo de tres módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.

 

*O período de presentación de solicitudes de matrícula neste caso será do 21 ao 31 de maio de 2021 ás 13:00 horas.

 

Achegánse como arquivos anexos:

- Calendario do proceso de admisión.

 

Charla temática do programa A Ponte da USC

A PRESENZA DO OSO PARDO EN GALICIA: ACTUACIÓNS DE MELLORA DO HÁBITAT E PAPEL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

Situación actual da presenza do oso pardo en Galicia, actuacións emprendidas para a mellora do seu hábitat, e o papel da educación ambiental na sensibilización da poboación das zonas oseiras.

Destinatarios: Alumnado de Xestión e Conservación do Medio Natural

Ponente: Diaz-Maroto Hidalgo, Ignacio Javier

Data: 30 de abril as 19:50

CHARLA INFORMATIVA INCENDIOS

Charla impartida por persoas integrantes dun Equipo de prevención integral de incendios forestais (EPRIF)

Data: 20 de abril de 2021

Hora: de 16:30 a 17:30 h

Módulo no que se encadra: Defensa contraincendios

 Jornada técnica y de divulgación: “Los Equipos de Prevención Integral de  Incendios Forestales (EPRIF) como herramientas de prevención de grandes  incendios forestales” | Escuela de Ingeniería Agraria y Forestal

PROBAS LIBRES Curso 2020-2021

 

Publicouse con data 7 de abril de 2021 a convocatoria para o curso 2020-2021 de probas libres para a obtención de título LOE de FP.

- O período de presentación de solicitudes de admisión será do 19 ao 30 de abril de 2021 ás 13:00 horas.

- O período de presentación de solicitudes de matrícula será do 12 ao 14 de maio de 2021 ás 13:00 horas.

- As probas realizaranse do día 10 de Xuño ao 22 de Xuño de 2021.

 

 Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a prealización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:

  • sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculados neles no curso académico de realizacón da proba.
  • ata un máximo de tres módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.

O período de presentación de solicitudes de matrícula neste caso será do 19 ao 31 de maio de 2021 ás 13:00 horas.

Máis información:

http://www.edu.xunta.es/fp/probas-libres-convocatoria-actual

Achegánse como arquivos anexos:

  1. Calendario de probas libres.
  2. Solicitude de inscrición
  3. Programacions módulos

 

Distribuir contido


by Dr. Radut