Skip to Content

Logos

 

 

                                                                          

ACTIVIDADE PARA O ALUMNADO DO MÓDULO DE INCENDIOS: DEMOSTRACIÓN MOTOBOMBA

Actividade co Servizo de prevención de incendios da Xunta de Galicia: Demostración con motobomba

Data: Martes 22 de novembro 16:30

Alumnado do módulo de Defensa contraincendios forestais

HORARIO DE ATENCIÓN

Atendémolo de:

 

HORARIO DE VERÁN (XULLO E AGOSTO)

Mañáns: de 9:00 a 14:00 h

 

MODIFICACION HORARIOS PROBAS LIBRES 21-22

Modificación horarios por solape dos módulos de:

- Xestión Cinexética

- Fitopatoloxía

 

 

CALENDARIO PROBAS FINAIS CS XESTION FORESTAL E DO MEDIO NATURAL CURSO 2021-2022

Charla temática do programa A Ponte da USC.

USO TERAPEUTICO DE PLANTAS MEDICINAIS

O uso das plantas na medicina tradicional remóntase á época prehistórica. Na actualidade, os seus principios activos son a base da maioría dos medicamentos que podemos obter na farmacia. Ademais, o uso de plantas medicinais como tratamento alternativo con fins preventivos e curativos é unha práctica que aumentou significativamente nos últimos anos.
Revisaremos as plantas medicinais máis usadas en España, lembrando que non por ser un "remedio natural" están exentas de efectos adversos. Revisaremos as formas de administración desde infusións tradicionais a cápsulas, comprimidos, formas de aplicación tópica...
A lexislación europea e española sobre medicamentos regula o uso medicinal das plantas co obxectivo de avaliar a súa calidade, eficacia e seguridade.

Destinatarios: alumnado de Xestión dos aproveitamentos forestais

Ponente: María Dolores Viña Castelao

Data: mércores 6 de abril ás 16:30 horas.

CONVOCATORIA BOLSAS CURSO 2022-2023

BECAS FP

Cando debes solicitala:

O prazo de solicitude é do 30 de Marzo o 12 de Maio de 2022.

Toda a información en:

https.//www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Unidad de becas que che corresponde:

Sección de Bolsas

Xefatura Territorial da Coruña

Conselleria de Cultura, Educación e Universidade

Tlf: 981 184 741/981 184 742/981 185 725/ 881 881 647

VISITA O CENTRO DE COORDINACIÓN CENTRAL DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS

 

 

  Data: 15 de marzo de 2022

  Hora: 16:30

  Lugar de encontro: Centro de Coordinación         Central (CCC) situado na Dirección Xeral de Defensa do Monte en San Lázaro, s/n (Santiago de Compostela)

  Actividade dirixida ao alumnado do módulo de  Defensa Contra Incendios Forestais

 

Charla temática do programa A Ponte da USC.

PLANIFICACION AMBIENTAL DAS PAISAXES RURAIS

As paisaxes rurais son o resultado da interacción entre actividades humanas (agricultura, gandaría…) e o medio ambiente. En moitos casos, caracterízanse por unha alta diversidade ecolóxica e capacidade de provisión de servizos ambientais. Aínda así, a súa dinámica actual vese ameazada por mudanzas aceleradas no uso dos recursos naturais e dos modos de vida nas áreas rurais. Nesta charla veremos un repaso histórico do desenvolvemento das paisaxes rurais, a súa importancia na conservación da biodiversidade e outros valores ambientais, así como propostas para a súa planificación e ordenación.

Destinatarios: Alumnado de Técnicas de Educación Ambiental.

Ponente: Emilio Rafael Díaz Varela.

Data: xoves 17 de Febreiro ás 19:50.

 

 

 

LANZADERA CONECTA EMPLEO

Abierta la inscripción a la nueva
Lanzadera Conecta Empleo de Santiago

Es un programa gratuito de orientación laboral para ayudar a personas en desempleo a reactivar su búsqueda de trabajo con nuevas técnicas de orientación laboral y herramientas digitales 


Sus participantes cuentan con el
 asesoramiento de especialistas para impulsar nuevas estrategias de prospección laboral, actualizar su currículum, ensayar entrevistas o contactar con empresas


Pueden participar
 hombres y mujeres en desempleo de entre 18 y 60 años; con cualquier nivel de estudios y de cualquier sector laboral


Las personas interesadas
 disponen hasta el 14 de febrero para realizar su inscripción en la web de LCE (https://www.lanzaderasconectaempleo.es/formulario-de-inscripcion-lanzaderas-conecta-empleo-gps-empleo ) o en la Oficina de Empleo de Santiago-Centro.

La Lanzadera Conecta Empleo de Santiago de Compostela comenzará en febrero y estará operativa hasta finales de julio de 2022, ofreciendo de forma gratuita orientación laboral y asesoramiento para personas en desempleo.

 

Charla temática do programa A Ponte da USC.

PANDEMIAS VEXETAIS DO SÉCULO XXI: DA COUZA DA PATACA AO "ÉBOLA" DOS OLIVOS

As pragas e patóxenos dos cultivos son unha ameaza permanente para os agricultores, especialmente dende que a mellora do transporte espallou cultivos "exóticos" entre continentes e tras deles, os organismos que os atacan. Os técnicos agrícolas son os responsables da sanidade vexetal e poñen ao servizo dos agricultores a tecnoloxía máis avanzada e imaxinativa para loitar contra as pragas cos métodos máis respectuosos co medio ambiente. A couza da pataca é un bo exemplo de todo o que se pode facer e de como a colaboración de todos é indispensable para acadar a erradicación. A bacteria responsable da morte de oliveiras e outras moitas froiteiras e ornamentais é un exemplo da dificultade extrema de previr e controlar unha pandemia nun mundo globalizado e do enorme impacto económico que un patóxeno vexetal  pode facer na agricultura española e europea.

Destinatarios: Alumnado de Fitopatoloxía.

Ponente: Cristina cabaleiro Sobrino

Data: Venres 21 de Xaneiro as 16:30

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut