Skip to Content

Logos

 

 

                                                                          

Premios extraordinarios de Formación Profesional de grado superior

Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2021/22

 

Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

 

a) Ter cursado estudos de formación profesional de grao superior durante o curso 2021/22 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ter rematado os seus estudos no ano 2022.

 

b) Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50, nos termos establecidos na normativa vixente. Esta cualificación expresarase con dúas cifras decimais, redondeada á centésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior.

 

c) Non ter a condición de persoal docente que desenvolva ou desenvolvese a súa actividade laboral na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades nos tres anos anteriores a esta convocatoria. 

 

Achégase arquivo da convocatoria publicada no DOG de data 20.03.2023

Actividade complementaria para os módulos de xestión dos aproveitamentos forestais e xestión de montes

Visita á empresa maderera FINSA 

Finsa é unha empresa que se dedica dende case cen anos á transformación industrial da madeira, deseñando e fabricando solucións técnicas e decorativas para os espazos que nos rodean.

 

En conexión co entorno, fabrican e transforman produtos derivados da madeira: taboleiro, superficies decorativas, compoñentes para mobles, chan laminado e madeira maciza. Nos seus procesos, baseados no desenvolvemento da innovación, o deseño e a circularidade, a madeira non perde cualidades senón que mellora a súa eficacia.

 

Data: Mércores 15 de marzo de 2023

Lugar: FINSA

Hora: 15 h. Saída en bus dende o CIFP SANTIAGO

Duración: 3 horas aproximadamente

Destinatarios: Alumnado dos módulos de xestión dos aproveitamentos forestais e de xestión de montes

A visita centrarase no parque de madeira e aserradoiro.

 

Obxectivos didácticos:

- Identificar os métodos de xestión e clasificación da industria madeireira.

- Recoñecer os tipos e calidades de madeira producidos en Galicia.

- Coñecer os destinos comerciais da madeira, así como os produtos extraídos da mesma.

- Distinguir entre os distintos métodos de transformación da madeira e as súas aplicacións

 

 

Actividade complementaria para o alumnado do módulo de defensa contra incendios forestais

Visita do Equipo de Prevención y Análisis de Incendios Forestales (EPAIF) de Noia, dependente do MITECO para compartir co alumnado o contido do traballo que  o EPAIF de Noia desempeña no Distrito Forestal IV. 

 

Data: Martes 14 de marzo de 2023

Lugar: CIFP SANTIAGO -  AULA 1.7

Hora: 16:30 h.

Ponente: Miguel Caamaño Vilariño, técnico do EPAIF de Noia

Destinatarios: Alumnado do módulo de Defensa Contra Incendios Forestais

8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


 

Co gallo do Día internacional da muller o CIFP SANTIAGO proxectará en bucle na semana do 6 ao 10 de marzo a presentación "Elas mesmas".

Así mesmo, o día 8 de marzo ás 19 horas na aula 0.7 a Secretaría da Muller do Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino en Galicia (STEG) realizará unha actividade dunha duración aproximada de 40 minutos para todo o alumnado do ciclo superior de xestión forestal e do medio natural.

 

CHARLA ALUMNADO MÓDULO DE XESTIÓN DOS APROVEITAMENTOS FORESTAIS

 

"Non todo o monte é madeira"

 

Nesta charla explicarase os aproveitamentos forestais non madeireiros: setas, froitos, plantas medicinais, condimentarías, corcho, servizos  ecosistémicos .....

 

 
Destinatarios: alumnado de Xestión dos aproveitamentos forestais
Responsables: Rosa Romero Franco  (Coordinadora) e  Nuria Ferreiro Domínguez. Programa Ponte USC
Data: mércores 1 de marzo as 16:30
Lugar: CIFP SANTIAGO. AULA 1.7

Charla módulo de Xestión de Montes

"A historia escrita nos aneis das árbores"

 

Os aneis de crecemento das árbores varían segundo as condicións ambientais do sitio no que se formaron, sendo máis estreitos nos anos máis desfavorables para o crecemento, e anchos cando as condicións son boas. Deste xeito, árbores que crecen en áreas próximas son parecidos entre si, e van sendo máis diferentes a medida que as áreas están máis lonxe. Isto fai que sexa posible obter series de aneis, denominadas series dendrocronolóxicas, que poden ser encaixadas unhas con outras, e así construír secuencias cada vez máis longas.

 

As aplicacións destas técnicas son moi útiles en múltiples disciplinas, porque a árbore é como unha caixa negra que vai rexistrando os acontecementos ao longo da súa vida. Nesta charla mostraranse as principais utilidades, que abranguen desde comprender o crecemento das árbores, as respostas ao clima e a dinámica forestal, incendios forestais ou pragas de insectos. Tamén se falará das moitas aplicacións en investigación histórica, mediante a datación de obxectos de madeira, edificios antigos e xacementos, e finalmente, a importancia xeolóxica para reconstruír procesos coma os terremotos ou as erupcións volcánicas.

 

Destinatarios: alumnado de Xestión de Montes

Ponente: Ignacio García González. Programa Ponte USC

Data: mércores 15 de febreiro as 16:30

Lugar: CIFP SANTIAGO. AULA 0.7

Charla sobre o sistema TETRA de comunicacións

Charla sobre o sistema de comunicacións cifrado empregado na defensa contra os incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Data: Luns 6 de febreiro de 2023

Lugar: CIFP SANTIAGO -  AULA 1.7

Hora: 18:10 h.

Ponente: Gustavo Álvarez Bea (Coordinador de Sistemas e Tecnoloxía da Información. da Consellería de Medio Rural)

Destinatarios: Alumnado do módulo de Defensa Contra Incendios Forestais

Charla sobre o sistema de comunicacións cifrado empregado na defensa contra os incendios forestais na Comunidade autónoma de Galicia.

30/01/2023 19:53

 

Charla sobre o sistema de comunicacións cifrado empregado na defensa contra os incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Data: Luns 6 de febreiro de 2023

Lugar: CIFP SANTIAGO -  AULA 1.7

Hora: 18:10 h.

Ponente: Gustavo Álvarez Bea (Coordinador de Sistemas e Tecnoloxía Informática. da Consellería de Medio Rural)

Destinatarios: Alumnado do módulo de Defensa Contra Incendios Forestais

Esta actividade encádrase dentro das actividades formativas complementarias que realiza o Centro e é obrigatoria para o alumnado destinatario.

 

Charla temática: "A praga da Vespa velutina en Europa. Investigación na USC ao abeiro do programa Interreg: Atlantic-Positive"

A Vespa velutina é unha avespa de orixe asiática que chegou a Europa (Francia) en 2004. Dende entón estendeuse polo Sur do continente a moita velocidade e chegou a Galicia en 2011.

A velutina é unha grande predadora de insectos e froita, defende con agresividade os seus niños e acada grandes densidades de poboación, polo que causa grandes trastornos ás persoas e aos sectores apícola e agro-gandeiro.

Nesta palestra falaremos de:

1. A bioloxía da Vespa velutina.

2. Os principais problemas ecolóxicos, sanitarios e económicos derivados da súa presenza en Galicia.

3. As principais medidas de control da súa poboación.

4. As investigacións que se realizan na USC para comprender mellor o problema e procurar solucións.

 

Destinatarios: alumnado de Fitopatoloxía

Ponente: Xulio Maside Rodríguez. Programa Ponte USC

Data: venres 20 de xaneiro as 16:30

 

XORNADA DE CERTIFICACIÓN FORESTAL

Distribuir contido


by Dr. Radut