Skip to Content

Logos

 

 

                                                                          

VISITA AO CENTRO DE COORDINACIÓN CENTRAL DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

23/01/2024 16:30
23/01/2024 17:30

 

 

 

Data: 23 de xaneiro de 2024

Hora: 16:30

Lugar: Centro de Coordinación Central. Situado en Rúa de San Lázaro, 61, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

Destinatarios: alumnado do módulo de defensa contra incendios forestais

Responsable: A actividade farase a proposta do profesor do módulo polo persoal do CCC da D.X. de Defensa do Montes.

 

 

 

CHARLA PARA O ALUMNADO DO MÓDULO DE XESTIÓN E CONSERVACIÓN DO MEDIO NATURAL

PROXECTOS AFOLU/NbS (Solucións baseadas na natureza) como mecanismos de redución de emisión de gases de efecto invernadoiro (GEI)

Esta charla tratará sobre:

  • Que son os proxectos AFOLU/NbS (Solucións baseadas na natureza)

  • Pegada de carbono e redución de emisión de gases de efecto invernadoiro (GEI)Mecanismos existentes: Proxectos ONU-REDD+, Verra VCS, CERCARBONO, Gold Standard, CDM (ONU), Plan Vivo, MITECO

  • Mecanismos existentes: Proxectos ONU-REDD+, Verra VCS, CERCARBONO, Gold Standard, CDM (ONU), Plan Vivo, MITECO

 

Relatora: Marta del Valle Duque. Enxeñeira de Montes

Destinatarios: alumnado do módulo de Xestión e Conservación do Medio Natural

Data: venres 19 de Xaneiro do 2024

Lugar: CIFP SANTIAGO. AULA 1.6

 

 

 

CHARLA ALUMNADO XESTIÓN DE MONTES

14/12/2023 16:30

"A historia escrita nos aneis das árbores"

 

Os aneis de crecemento das árbores varían segundo as condicións ambientais do sitio no que se formaron, sendo máis estreitos nos anos máis desfavorables para o crecemento, e anchos cando as condicións son boas. Deste xeito, árbores que crecen en áreas próximas son parecidos entre si, e van sendo máis diferentes a medida que as áreas están máis lonxe. Isto fai que sexa posible obter series de aneis, denominadas series dendrocronolóxicas, que poden ser encaixadas unhas con outras, e así construír secuencias cada vez máis longas.

 A árbore é como unha caixa negra que vai rexistrando os acontecementos ao longo da súa vida. Nesta charla mostraranse as principais utilidades, que abranguen desde comprender o crecemento das árbores, as respostas ao clima e a dinámica forestal, incendios forestais ou pragas de insectos. Tamén se falará das moitas aplicacións en investigación histórica, mediante a datación de obxectos de madeira, edificios antigos e xacementos, e finalmente, a importancia xeolóxica para reconstruír procesos coma os terremotos ou as erupcións volcánicas.

Vista previa de imagen

Destinatarios: alumnado de Xestión de Montes

Ponente: Ignacio García González. Programa Ponte USC

Data: 14 de Decembro as 16:30

Lugar: CIFP SANTIAGO. AULA 1.6

VISITA DO ALUMNADO DO MÓDULO XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DO VIVEIRO FORESTAL

05/12/2023 15:00
05/12/2023 19:00

VISITA A VIVEIROS BOIBEL

Boibel Forestal nace no ano 1992 impulsada por un grupo de xóvenes do rural galego formados en diferentes áreas científico-técnicas relacionadas co sector forestal e agrícola que deciden por en andamento unha iniciativa empresarial que desenvolve 3 ramas do sector forestal:

  1. Viveiro forestal e ornamental, como productores de planta frondosa principalmente, para uso forestal e ambiental, na que destaca a producción de Castanea x hibrida (castiñeiro híbrido).
  2. Servizos forestais, dedicada á selvicultura e especializada na plantación e mantemento de frondosas caducifolias.
  3. Servizos de Enxeñería, dedicada ao asesoramento, elaboración e redacción de proxectos no ámbito agroforestal e no medio rural.

Boibel conseguiu en poucos anos un recoñecemento entre os profesionais e clientes do sector como empresa de servizos forestais, enxeñería e como viveiro.

Boibel - Castaño híbridoBoibel - El viveroBoibel - Abies nordmanniana

Destinatarios: alumnado do módulo de XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DO VIVEIRO FORESTAL

Data: martes 5 de Decembro as 15:00 rógase puntualidade.

Lugar de saída: CIFP SANTIAGO.

Destino: Viveiros Boibel, Frades, A Coruña.

Hora de regreso aproximada: 19:00 h.

CHARLA ALUMNADO DO MÓDULO XESTIÓN APROVEITAMENTOS FORESTAIS

30/11/2023

 "COGOMELOS COMESTIBLES E VELENOSOS"

Esta charla tratará sobre:
Descrición das especies máis importantes de cogomelos comestibles e velenosos presentes en Galicia:

    • MORFOLOXÍA.
    • ECOLOXÍA
    • COMESTIBILIDADE.
    • CONFUSIÓNS
    • ETC.

 

Destinatarios: alumnado de Xestión Aproveitamentos Forestais

Relator: Antonio Rigueiro Rodríguez

Data: Xoves 30 Novembro de 16:30 a 18:00

Lugar: CIFP SANTIAGO. AULA 1.7

 

VISITA AO CENTRO DE COORDINACIÓN CENTRAL DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

O Centro de coordinación central en Santiago de Compostela. Solicita medios ao Estado cando é necesario. Coordina certos medios aéreos e tamén o apoio de medios entre provincias como funcións principais.”

 

 

Data: martes 25 de abril de 2023

 

Hora: 16:45 horas

 

Lugar: Centro de Coordinación Central. Situado en Rúa de San Lázaro, 61, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

Destinatarios: alumnado do módulo de defensa contra incendios forestais

 

 

Responsable: A actividade farase a proposta do profesor do módulo (Juan Carlos Doce Caruncho) polo persoal do CCC da D.X. de Defensa do Montes.

 

Obxectivos didácticos:

- Coñecer o traballo ordinario e o proceso de toma de decisións no CCC

- Saber as aplicacións informáticas que se empregan no CCC

 

Información sobre presentación de recurso de reposición de bolsas de estudo do curso 2022/2023

Información sobre presentación de recurso de reposición de bolsas de estudo do curso 2022/2023, convocatoria xeral, para aqueles/as alumnos/as que non aparezan nas listaxes definitivas, lles fora denegada a bolsa ou non estean dacordo coa contía.

Todos eles/as teñen aberta a posibilidade interpoñer o devandito recurso. 

 

Nota: achegase arquivo para poder activar os enlaces da imaxe

Información sobre presentación de recurso de reposición de bolsas de estudo do curso 2022/2023

convocatoria de bolsas do MEFP para o curso 2023/24

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

 

Prazo de solicitudes para o curso 2023/24: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.

 

Procedemento exclusivamente telemático a través da Sede Electrónica do MEFP: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

 

VISITA AO COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL SERRA DO BARBANZA

O Complexo Medioambiental Serra do Barbanza contribúe de xeito decisivo a facer realidade os principios da economía circular. Co seu traballo e accións contribúe a dar un paso máis alá do “Reducir, Reutilizar e Reciclar”, favorecendo o reaproveitamento e o retorno á natureza dos recursos que extraemos dela.

 

REDUCIR–REUTILIZAR-RECICLAR–REPARAR-REDISTRIBUÍR-REPENSAR-REDESEÑAR-REFABRICAR

 

 

Hora: Saída en bus dende o CIFP SANTIAGO ás 10.00 horas na explanada diante da porta principal do Centro.

 

Destinatarios: alumnado do módulo de técnicas de educación ambiental

 

Responsable: A actividade farase a proposta da profesora do módulo (Carmen Eiras Dorado) polo persoal do Complexo Medioambiental Serra do Barbanza.

 

Obxectivos didácticos:

 

- Dar a coñecer o traballo que se realiza na planta e concienciar ao alumnado da necesidade da correcta separación en orixe.

 

- Analizar a problemática global da xeración de residuos e fálar das solución locais.

 

 

- Explicar os procesos de compostaxe e recuperación de envases en planta, así como os rigorosos controis ambientais que se deben manter no complexo.

 

Achégase no arquivo adxunto as normas para realizar a actividade

 

Distribuir contido


by Dr. Radut