Skip to Content
         Instagram Facebook 

CONCURSO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Resultados dos concursos de Caligrama e Marcapáxinas organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luísa Villalta.

CAPACITACIÓN DIXITAL


 Aulas de capacitación dixital en centros educativos.

INSCRICIÓN CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL

                                                    Máis información aquí

Charlas Ted - Alumnado

Unha das capacidades máis importantes para o emprendemento e para a vida é a "Resiliencia". Nesta ocasión quixemos dar voz ao noso alumnado, que aporta historias dignas de ser contadas. A través das súas vivencias aprendemos, comprendemos, empatizamos, nos empoderamos, superamos...A Aula de Emprendemento ábrese e inicia un proxecto inspirador para outros proxectos, vitais e profesionais.

"Formación para educación financeira". Afundación.

Este mes de maio tivo lugar unha interesante Dinamica de Educación Financeira,  realizada pola ponente  Carlota Sanchez-Montaña Puga, licenciada en Dereito e  Licenciada en CC. Económicas e Empresariais, e M.B.A.

“DIAGNÓSTIQA”. Auditorías enerxéticas.

No Curso de Especialización en Auditoría Enerxética tivemos a oportunidade de desfrutar dunha charla da experta en auditorías Ruth Doval de DiagnóstiQA.
Grazas por compartir con nós os teus coñecementos e interesantísima experiencia, así como o bo facer na vosa empresa!

 

Para que buscar a profesionais fóra se os temos na casa?

Javier Prada e Jonathan Santiago, alumnos do Curso de Especialización en Auditoría Enerxética, deron senllas charlas de Instalacións frigoríficas e Instalacións de iluminación, respectivamente, aos seus compañeiros de clase.

Moitas grazas polas vosas explicacións como especialistas! 

#FPGalicia #FP 

#formaciónprofesional #fpdualgalicia 

#cursodeespecialización

FP Innova (segunda xornada)

Nesta seguda xornada, o estand do proxecto do Dpto. de Madeira, moble e cortiza recibiu a visita do Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Interesouse o presidente polas características desta innovadora opción ("FreeFenestra") e estivo atento ás explicacións dadas polo coordinador do proxecto, Enrique Pena.

"Preparados para o Salto"

Alumnado de 1° curso dos ciclos de Electromecánica de vehículos automóbiles, Soldadura e caldeiraría, Carpintaría e moble, Carrozaría e Mantemento de Instalacións térmicas e de fluídos asistiron na xornada de onte á charla formativa "Preparados para o Salto" impartida por Carlota Sánchez da Fundación Galicia Obra Social de Abanca, e coordinada pola profesora Marta Vázquez Presas.
 
Nesta sesión, programada dentro do Plan Eduemprende 23-24, o alumnado puido familiarizarse coa terminoloxía
Distribuir contido


by Dr. Radut