Sobre Nós
O Centro Integrado de Formación Profesional Valentín Paz Andrade atópase na periferia da cidade de Vigo, nunha área preto de importantes vías de comunicación (autovía das Rías Baixas, autoestrada A Coruña-Tui, autoestrada a Baiona, 2º cinto de Vigo,…); próximo tamén ao aeroporto de Vigo. A zona conta cunha grande presenza industrial: polígonos do Concello de Vigo, Mos e Porriño.
Ademais da presenza do sector industrial, no noso entorno máis próximo tamén destacamos outros servizos e dotacións de grande relevancia para a cidade e os concellos limítrofes: hospital, outros centros educativos de carácter público e privado, a Universidade de Vigo, etc.
Xunto co CIFP Valentín Paz Andrade, existen outros dous centros (un deles outro CIFP) onde se imparte formación profesional en distintas familias, de forma que nesta zona de Vigo existe unha grande oferta de formación asociada tanto ao sector primario e secundario, coma a servizos.
O centro, que se creou hai 57 anos para que as empresas de Vigo e da súa contorna puideran seguir crecendo, actualmente dentro das súas liñas estratéxicas centra o seu proxecto de servizo público en satisfacer tanto á variedade de alumnado que busca facilidade para aumentar a súa competencia e acceso ao emprego, como en colaborar directamente coas empresas para concretar e atender as súas necesidades de persoal altamente cualificado e adaptado a requirimentos cambiantes nas profesións. Así mesmo participa activamente nos procedementos de acreditación de competencias profesionais, formación profesional para o emprego, actividades de innovación e outras accións asociadas á formación profesional con relación moi directa coas empresas e outras institucións.
Tamén intentamos dar resposta específica ás necesidades das empresas da contorna, facilitando formación específica e conxuntural naquelas áreas onde se detecten necesidades formativas.
Podes visualizar este vídeo onde se recolle a traxectoria do centro dende a súa construción inicial: