INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO DIXITAL
AULA TECNOLÓXICA:
O centro dispón dunha Aula Tecnolóxica especializada en Enerxía e Auga, onde poder obter o máximo beneficio da actividade do profesorado e na formación do alumnado, centralizando neste espazo, e á vez compartindo, experiencias e investigación na especialidade.
DIXITALIZACIÓN E INNOVACIÓN METODOLÓXICA
O Centro actualízase en recursos necesarios para formar ao alumnado e ofrecer competitividade ás empresas nunhas contornas cada vez máis dixitalizadas. Así mesmo o profesorado utilizada progresivamente metodoloxías innovadoras e recursos didácticos dixitais que melloran o rendemento do ensino-aprendizaxe e favorecen a adaptación do alumnado ás necesidades actuais.
Polo tanto dispoñemos de recursos materiais como simuladores e adestradores virtuais de última xeración, monitores interactivos, gafas 3D, Equipos de impresoras 3D, maquetas interactivas, etc.
O CIFP Valentín Paz Andrade forma parte da Rede Galega de Educación Dixital.
PLAN DIXITAL
O Plan Dixital do CIFP marca e supervisa a actividade cara á mellora da competencia dixital do profesorado e do alumnado.
No seu Plan de acción dixital, entre outros obxectivos, o centro proxecta situarse como Polo Creativo, para fomentar competencias dixitais e científico-tecnolóxicas, e tamén artísticas do conxunto da cidadanía, enfocando a unha aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria.