Skip to Content
         Instagram Facebook 

CAPACITACIÓN DIXITAL


 Aulas de capacitación dixital en centros educativos.

O CIFP Valentín Paz Andrade foi habilitado pola Xunta de Galicia coma centro de educación para persoas adultas co obxectivo de facilitar a capacitación dixital, incorporándose así á Rede Galega de Educación Dixital na Comunidade Autónoma de Galicia.

A creación desta rede de centros para a capacitación dixital é una iniciativa conxunta do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, o Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración coas consellerías de educación das comunidades autónomas.

Este programa permitirá á cidadanía formarse en competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo, realízanse de forma telemática.

As persoas que non estean recibindo formación no sistema educativo regrado, poderán participar neste programa. Terán lugar cursos de 30 horas de duración na que se poderá ofrecer una competencia dixital básica, intermedia ou avanzada. Estas actividades serán gratuítas por estaren financiadas polo Fondo Social Europeo. Ao remate de cada curso entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento.

A formación impartida estará ligada á cualificación de nivel 2 (IFC748_2), dixitalización aplicada ao entorno profesional, do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesonais. 

 


Formación de referencia (nivel básico):

Xestión de dispositivos e datos mediante tecnoloxías habilitadoras dixitais

  1. Tecnoloxías Habilitadoras Dixitais no entorno produtivo.
  2.  Hardware e software de base en sistemas dixitais aplicados ao entorno produtivo.
  3.  Xestión de datos en sistemas dixitais aplicados ao entorno produtivo.
  4.  Traballo colaborativo aplicado á xestión de dispositivos e datos no entorno profesional.   

Gestión de dispositivos y datos mediante tecnologías habilitadoras digitales 

  1.  Tecnologías Habilitadoras Digitales en el entorno productivo.
  2.  Hardware y software de base en sistemas digitales aplicados al entorno productivo.
  3.  Gestión de datos en sistemas digitales aplicados al entorno productivo.
  4.  Trabajo colaborativo aplicado a la gestión de dispositivos y datos en el entorno profesional.

 


Diploma:

O diploma que se entregará ás persoas participantes que finalicen con éxito cada unha das accións formativas incluirán a denominación do curso correspondente con indicación do seu nivel:

  • Curso de Capacitación Dixital (nivel básico)
  • Curso de Capacitación Dixital (nivel intermedio)
  • Curso de Capacitación Dixital (nivel avanzado)

 

Ademais, estes certificados incluirán ao dorso os contidos incluídos no curso que serán, en cada caso e como mínimo, aqueles asociados ás seguintes unidades de competencia 

CONTIDOS MÍNIMOS

Nivel BÁSICO (30h)

Nivel INTERMEDIO (30h)

Nivel AVANZADO (30h)

UC2490_2: Aplicar tecnoloxías habilitadoras dixitais para a xestión de dispositivos e datos no contorno profesional

UC2490_2: Aplicar tecnoloxías habilitadoras dixitais para a xestión de dispositivos e datos no contorno profesional

UC2491_2: Aplicar tecnoloxías habilitadoras dixitais para a xestión de contidos no contorno profesional

UC2748_2: Realizar operacións con tecnoloxías habilitadoras dixitais en contornos IT

--- OU ---

UC2749_2: Realizar operacións con tecnoloxías habilitadoras dixitais en contornos OT

 

 


Oferta de cursos 2024:

SETEMBRO: nivel básico      

  • Presentación: (POR DEFINIR. AVISAREMOS CON TEMPO ÁS PERSOAS PREVIAMENTE INSCRITAS)
  • Datas do curso: (POR DEFINIR)
  • Horario: DE TARDE

OUTUBRO: nivel básico e intermedio      

  • Presentación: (POR DEFINIR. AVISAREMOS CON TEMPO ÁS PERSOAS PREVIAMENTE INSCRITAS)
  • Datas do curso: (POR DEFINIR)
  • Horario: DE TARDE

 

 

INSCRICIÓN: (3 opcións)

  1. Por tlf.: 886110857
  2. Directamente no Centro educativo
  3. A través deste formulario

Despois da inscrición inicial, utilizarase o modelo de impreso oficial para a matrícula no curso.

Impreso oficial de matrícula. Cubrir, asinar e entregar en oficina do Centro

 


Xuño: nivel básico       

  • Presentación: luns 17 de 16:30 a 18:30
  • Datas do curso: do 18 ao 27 de xuño
  • Horario de luns a xoves de 16:30 a 20:30

REAMATADA CON ALTO GRAO DE SATISFACCIÓN POLAS PERSOAS PARTICIPANTES

 

 

  

 


 ACCIÓNS DE DIFUSIÓN:

CREACIÓN DE CARTELERÍA https://www.edu.xunta.gal/centros/cifppazandrade/system/files/2023-2024/capdix_24/CAPDIX%20ok%2003.pdf
PUBLICIDADE EN CARTELERÍA DIXITAL https://www.edu.xunta.gal/centros/cifppazandrade/galeria/albums/cifppazandrade/userpics/10009/Diseno_sin_titulo.mp4
DIFUSIÓN EN REDES SOCIAIS https://www.instagram.com/p/C7urIRyqXXp/?igsh=MTR0bmxoeXN0YW8yNw==
WEB DO CIFP https://www.edu.xunta.gal/centros/cifppazandrade/
CORREO A ORGANISMOS Solicitude de divulgación do curso ofertado.pdf (xunta.gal)

DIFUSIÓN INDIRECTA:

REFERENCIA EN PRENSA Artigo sobre o CIFP VPA cn referencia a aula dixital dirixida a formación para persoas adultas




 


 



page | by Dr. Radut