Mobilidades Erasmus

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE AS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE INGLÉS

Na seguinte ligazón tedes as datas, horas e reparto de aulas dos exames escritos para os distintos niveis dos exames de certificación de inglés:

http://www.edu.xunta.gal/centros/eoideferrol/?q=system/files/datas_aulas_revisi%C3%B3ns_%20e_notas_convocatoria_Feb2023.doc_0.pdf

Na seguinte ligazón tedes as datas, horas e reparto de aulas dos exames orais para os distintos niveis dos exames de certificación de inglés:

http://www.edu.xunta.gal/centros/eoideferrol/?q=system/files/QUENDAS%20PCMO%20CONVOCATORIAS%20CERTIFICACI%C3%93N%20LIBRES%20NIVEIS%20A2%2C%20B1%2C%20B2%20E%20C1-%20INGL%C3%89S%20FEBREIRO%202023%C2%A0%C2%A0_0.pdf

Toda a información relativa aos exames atoparédela na páxina web da EOI de Ferrol e, unha vez nela, en Departamento de Inglés - Exames.

Para os exames teredes que levar:

  • DNI (ou NIE + pasaporte se o/a alumno/a é estranxeiro/a).
  • Bolígrafo azul ou negro (non se pode escribir a lápiz nin usar Typex).

Baseándonos no compromiso de asistencia que asinastes no momento da inscripción ás probas de certificación, recordámosvos ao alumnado matriculado nas mesmas que a asistencia aos exames é obrigatoria. O caso contrario implicaría a devolución do pago das taxas da matrícula que se fixo por parte do centro.

 

DATAS DEFINITIVAS DOS EXAMES DE CERTIFICACIÓN DE INGLÉS

Xa son definitivas as datas e horas das probas escritas dos exames de certificación de inglés:

  • Nivel B1: Luns, 6 de febreiro ás 10:00.
  • Nivel B2: Xoves, 2 de febreiro ás 16:00.
  • Nivel C1: Luns, 6 de febreiro ás 16:00.

Estamos todavía pendentes de coñecer as datas dos exames orais individuais. En canto a Escola Oficial de Idiomas nolas indique, comunicarémolas.

 

VISITA DE ESTUDIANTES ERASMUS ALEMANES

Del 3 al 11 de noviembre y dentro del programa Coastline de Erasmus+, el CIFP Ferrolterra recibió la visita de David, Lukas, Sebastian y Matz, un grupo de alumnos del instituto TBZ Mitte de Bremen (Alemania), junto con su profesor Michael Graf-Jahnke.

Estos alumnos están cursando en su país una FP Dual con las empresas Kuka y Minimax, y en nuestro centro asistieron a clases relacionadas con su actividad en las mismas: robótica, CNC y autómatas programables. También visitaron la empresa INTAF.

 ¡Gracias por vuestra visita!

 

AVISO IMPORTANTE PARA EL ALUMNADO INSCRITO EN EL PROGRAMA ERASMUS+

Se solicita a aquellos/as alumnos/as que se han inscrito en el programa Erasmus+ para realizar su FCT o una estadía como recién titulados durante el año 2023, que revisen su correo de contacto, ya que tienen avisos importantes con fecha límite en él.

En caso de no recibir respuesta o que ésta sea fuera de plazo, se considerará que el/la alumno/a dejó de estar interesado/a en su participación y se anulará su inscripción en el programa Erasmus+.

 

 

 

 

CAMBIOS NO HORARIO DAS CLASES DE AUGUSTO PARA A PREPARACIÓN DAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE INGLÉS

A partir do luns 12 de decembro haberá un novo horario nas clases de preparación das probas de certificación de Augusto, do Centro de Idiomas "Babblers". Os novos grupos e horas son os seguintes:

NIVEL DÍA HORA AULA
B1 Martes De 17:45 a 19:45  I-7
B1 - B2 Mércores De 10:00 a 12:00  I-7
B2 - C1 Xoves De 17:45 a 19:45  I-7

 

Poderán asistir aqueles alumnos/as que estean apuntados nas probas de certificación e acudiran ás probas de nivel, polo que foron inscritos nas mesmas.

 

DATAS DOS EXAMES DE CERTIFICACIÓN DE INGLÉS

Os exames de certificación para os matriculados terán lugar na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, nas seguintes datas e horario:   

NIVEL DÍA HORA
B1 Luns, 6 de febreiro  Ás 10:00 
B2

Xoves, 2 de febreiro (1ª quenda)

Xoves, 9 de febreiro (2ª quenda)

Ás 16:00
C1

Luns, 6 de febreiro (1ª quenda)

Venres, 10 de febreiro (2ª quenda)

Ás 16:00

 

A proba oral terá lugar outro día, dentro da primeira quincena de febreiro, segundo indique no seu momento a EOI.

 

 

NOVAS CLASES ESPECÍFICAS DE PREPARACIÓN DAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DOS NIVEIS B1, B2 E C1 DE INGLÉS

Coa finalidade de preparar de xeito máis específico as probas de certificación dos niveis B1, B2 e C1 que terán lugar en febreiro, dende a semana que vén e ata o día do exame terán lugar clases para a preparación específica dos exames de certificación de inglés dos distintos niveis. Comezarán o vindeiro martes 29 de novembro e correrán a cargo de profesorado do Centro de Idiomas "Babblers". Terán lugar no propio instituto, cos seguintes horarios e aulas:

NIVEL DÍA HORA AULA
B1 Martes De 17:45 a 19:45  I-7
B2 Xoves De 17:45 a 19:45  I-7
C1 Venres De 16:00 a 18:00  I-7

 

Poderán asistir aqueles alumnos/as que estean apuntados nas probas de certificación e acudiran ás probas de nivel, polo que foron inscritos nas mesmas.

 

REUNIONES INFORMATIVAS SOBRE LOS PROGRAMAS ERASMUS+

El próximo miércoles 23 de noviembre tendrán lugar en el salón de actos del centro las reuniones informativas para la aclaración de las dudas que podáis tener sobre los programas Erasmus+. Podrán asistir tanto los/las alumnos/as ya inscritos como aquellos/as que quieran tener más información sobre los mismos. 

Serán en el segundo recreo de cada ciclo, con los siguientes horarios:

  • Ciclos de la familia de "Electricidad y electrónica": de 12:00 a 12:15
  • Ciclos de las familias de "Transporte y mantenimiento de vehículos" y de "Madera, mueble y corteza": de 12:25 a 12:40
  • Ciclos de las familias de "Fabricación mecánica", "Energía y auga" e "Instalación y mantenimiento": de 12:45 a 13:00

 Recordad que la fecha límite de inscrición en los Erasmus+ es el día 9 de diciembre.

 

2ª CONVOCATORIA DE PROBAS DE NIVEL PARA A PARTICIPACIÓN NAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN (ALUMNADO DE 1º)

Convócase ao alumnado de 1º curso e 1º ano de modular de calquera ciclo, que se inscribiran para as probas de certificación no mes de setembro, a unha proba de nivel para a valoración por parte de Priya do nivel no que se deberían matricular nas probas de certificación.

A proba consistirá nunha entrevista con Priya, e terá lugar nas seguintes datas e lugares:

Turno de tarde:

  • Luns, 14 de novembro, de 16:00 a 18:00 e de 18:15 a 20:15 (aula I-7).
  • Mércores, 16 de novembro, de 17:00 a 18:00 e de 18:15 a 20:15 (aula I-7).

Turno de mañá:

  • Martes, 15 de novembro, de 10:45 a 11:45 (aula I-7).
  • Xoves, 17 de novembro, de 10:45 a 11:45 (aula I-5).

Unha vez realizadas as probas, publicarase un listado co alumnado seleccionado e os niveis correspondentes nos que se aconsella que realicen a matrícula. O nivel resultante da entrevista non será vinculante, só orientativo, e o/a alumno/a poderá matricularse no nivel que desexe. 

Esta 2ª convocatoria xurde ao non se cubriren a totalidade das prazas ofrecidas para o alumnado de 2º. É condición necesaria para os/as alumnos/as de 1º que desexen inscribirse que asistan á proba de nivel, pero isto non garantiza que as prazas sobrantes cheguen para todos xa que dependerá do número de alumnos/as que asistan.  En calquera caso, o alumnado de 2º terá prioridade á hora da asignación de prazas.

A semana do 14 de novembro, con motivo da celebración das entrevistas, non haberá clases de inglés con Priya.

 

A ASISTENCIA Á ENTREVISTA É OBRIGATORIA PARA CONSTATAR O INTERESE DO/A ALUMNO/A EN ASISTIR Á PROBA, DADO O ELEVADO NÚMERO DE SOLICITUDES.

AQUELES ALUMNOS/AS QUE NON SE PRESENTEN ÁS PROBAS DE NIVEL QUEDARÁN EXCLUÍDOS/AS DA MATRÍCULA NAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN.

 

PROBAS DE NIVEL PARA A PARTICIPACIÓN NAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN

Convócase ao alumnado de 2º curso e 2º ano de modular de calquera ciclo, que se inscribiran para as probas de certificación no mes de setembro, a unha proba de nivel para a valoración por parte de Priya do nivel no que se deberían matricular nas probas de certificación.

A proba consistirá nunha entrevista con Priya, e terá lugar nas seguintes datas e lugares:

Turno de tarde:

  • Luns, 7 de novembro, de 16:00 a 18:00 e de 18:15 a 20:15 (aula I-7).
  • Mércores, 9 de novembro, de 17:00 a 18:00 e de 18:15 a 20:15 (aula I-7).

Turno de mañá:

  • Martes, 8 de novembro, de 10:45 a 11:45 (aula I-7).
  • Xoves, 10 de novembro, de 10:45 a 11:45 (aula I-5).

Unha vez realizadas as probas, publicarase un listado co alumnado seleccionado e os niveis correspondentes nos que se aconsella que realicen a matrícula. O nivel resultante da entrevista non será vinculante, só orientativo, e o/a alumno/a poderá matricularse no nivel que desexe. No caso de que co alumnado de segundo non se cubran as prazas ofertadas pola Xunta, farase unha convocatoria para o dos primeiros cursos.

A semana do 7 de novembro, con motivo da celebración das entrevistas, non haberá clases de inglés con Priya.

 

A ASISTENCIA Á ENTREVISTA É OBRIGATORIA PARA CONSTATAR O INTERESE DO/A ALUMNO/A EN ASISTIR Á PROBA, DADO O ELEVADO NÚMERO DE SOLICITUDES.

AQUELES ALUMNOS/AS QUE NON SE PRESENTEN ÁS PROBAS DE NIVEL QUEDARÁN EXCLUÍDOS/AS DA MATRÍCULA NAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN.