Suxestións, queixas ou reclamacións

 

Coa intención de coñecer o grao de satisfacción dos usuarios con respecto ao cumprimento dos requisitos por parte do CIFP Ferrolterra poñemos á súa disposición as seguintes fontes de información:

- Suxestión: idea que se lle aporta á dirección do CIFP FERROLTERRA con ánimo construtivo para a súa mellora.

Queixa: mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a dirección do CIFP FERROLTERRA non ten contraídos compromisos debidos ao SXC (sistema de xestión de calidade) ou legais.

Reclamación: Mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a Dirección do CIFP ten contraídos compromisos polo SXC ou legais e non foron cumpridos. As Reclamacións  xestionaranse segundo a Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público polo que non se poden cursar a través de este formulario.

- Felicitación: Manifestación de satisfacción cunha Sección concreta do CIFP pola calidade do servizo prestado.

Para presentar as súas suxestións ou queixas pode facelo a través deste formulario on line ou por escrito empregando o modelo MD91SAT10 Informe de Suxestións e Queixas ,que pode descargar e depositar no buzón colocado no centro para tal fin na biblioteca

Para formular unha reclamación, non existe un formato xeral. Delle rexistro de entrada nas oficinas do centro.

Se desexa resposta, deberá identificarse con nome, apelidos e unha dirección de correo electrónico.

As reclamacións con propoñente coñecido serán respondidas por escrito mediante carta ou correo electrónico nun prazo de quince días laborais.

A súa opinión é importante.

Grazas por axudarnos a mellorar!Sonrisa

 

Indique o curso e ciclo ao que pertence, ou a relación co Centro en caso de persoal externo.

Indique a xeito de título o motivo da suxestión, queixa ou reclamación.

Resuma o motivo da suxestión, queixa ou reclamación indicando os datos máis importantes e as accións que ao seu xuízo deberían tomarse.

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres amosados na imaxe.