Concurso Eduemprende Idea 2021

 

CONVOCATORIA 2021 DO CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA

Este concurso  pretende potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Dende a Coordinación de emprendemento animamos ao alumnado do CIFP Ferrolterra a presentar os seus proxectos de empresa. Estamos no Viveiro de empresas para axudaros coa presentación ao Concurso. Animádevos!!!!!

Quen pode presentarse ao concurso?

Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

• Estar matriculado no curso 2020-2021 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño sostidas con fondos públicos.

• A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

Premios

Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

Modalidade A: ciclos de grao superior

o Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

o Asesoramento técnico do IGAPE

o Dotación económica:

 1º premio: 3.000 euros

 2º premio: 2.000 euros

 3º premio: 1.000 euros

Modalidade B: ciclos de grao medio

o Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

o Asesoramento técnico do IGAPE

o Dotación económica:

 1º premio: 3.000 euros

 2º premio: 2.000 euros

 3º premio: 1.000 euros

Como participar

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.galOpcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As solicitudes deberán dirixirse á seguinte dirección: Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Para a estes efectos os rexistros dos centros educativos non se consideran incluídos dentro das dependencias enumeradas no dito artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG). Do 17 de abril ao 16 de maio.

Información sobre a convocatoria

Convocatoria 2021 ·         https://www.edu.xunta.gal/fp/eduemprende-idea

 • Orde do 7 de abril da convocatoria do concurso  eduemprende Idea (DOG 16 de abril de 2021)