25-N: CIFP Ferrolterra contra a violencia de xenero

 

kñkj

O 25 de novembro é o día internacional contra a violencia de xénero. O noso centro quere amosar a súa soliedaridade coas vítimas e a súa condena a esta tráxica lacra que día a día nos sorprende con arrepiantes cifras.

Dende a Biblioteca e a Comisión de Igualdade, propoñemos a visualización nas aulas deste vídeo de Adrián Vereda.  Igualmente, lembrar a tod@s @s que vos queirades sumar, de decorar máscaras con algún debuxo ou frase relacionada co tema e facervos fotos, individuais ou en grupo, e subilas  ás redes sociais co hashtag #cifpferrolterra. Dispoñemos de máscaras en conserxería (son para poñer por riba das vosas, non pintedes as vosas para non deterioralas)