blogue deraquelrh

 

Datas de Formación Complementaria: Curso de Traballos en Altura 2019/2020.

 

 

Sesión Teórica cos riscos específicos de traballo en altura será o día 13 de decembro ás 16:00h no salón de actos do centro

Recordade que coma sempre non se admitirán nas sesións prácticas a ninguén que non fixera a parte teórica.

Posteriormente faremos uns cuadrantes con horarios de mañá e tarde para que todos podades facer a sesión práctica que será en grupos reducidos de 5 persoas.

Para poder asistir é necesario que formalices co pago dos 20€ a incrición que xa fixestes no formulario web, en vicedirección ou en secretaría.

Para os despistados está aberto o formulario electrónico uns días máis: https://forms.gle/JgVGKZdAtSPE9agj9

First Erasmus+ Conference CIFP Ferrolterra!!!

Gracias a todos los participantes en la First Erasmus+ Conference CIFP Ferrolterra!!! Estuvisteis genial! 
Gracias Humberto López Ortuño, Manuel Pérez Casás, Dea Cobaleda Couto, Diego Díaz Coria, José Francisco Torrente Rodríguez, Vicky Frieiro Pita, y Brandán Pedreiro Cebral por compartir con nosotros vuestra experiencia. Fue superchulo! Sonrisa

 

Tres alumnos do CIFP Ferrolterra farán as súas prácticas de empresa en Eindhoven - Holanda

O cluster de empresas Brainport ofrece aos nosos alumnos de grado superior das familias técnicas a oportunidade de facer prácticas con opción a traballar en Eindhoven - Holanda. De marzo a xuño dous estudantes partiparán neste experiencia grazas ao programa Erasmus+, e un terceiro as fará en setembro. Felicidades! 

 

Clases de Inglés para tod@s!!!!!

O horario do curso de inglés é:

Mércores de 12 a 2 para o grupo de mañá

Mércores de 5 a 7 para o grupo de tarde

Curso de Inglés gratuito. Se alguén non se apuntou falade co coordinador de Programas Internacionais o con Vicedirección. Hai prazas. Podedes apuntaros tod@s: profes, alumnos, persoal non docente...Guiño O curso é fundamentalmente de convesación, que é no que fallamos tod@s.Ánimo que esta vez podemos co inglés!

 

Datas para o Curso de Plataformas Elevadoras 2017!!

Datas para o Curso de Plataformas Elevadoras (8h): Sesión teórica cos Riscos Específicos de plataformas elevadoras. Día 18 de Decembro de 16:00 a 20:00 no Salón de Actos do centro. É obligatoria á asistencia á parte teórica para facer a parte práctica.

Parte Práctica, en grupos reducidos distribuidos nas datas seguintes: Días 20, 21 de Decembro. De 9:30 a 18:00. Os grupos e días se coordinarán co relator ao finalizar a sesión teórica.

Os interesados deben apuntarse ate o día 17 de novembro.Tamén se poden apuntar profesores. Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular e AFD. O enlace para inscribirse no Curso de plataformas elevadoras é: 

https://goo.gl/forms/QWlGd7Oa1NfUgzug2

 

O custe será de 20€, que deberedes formalizar en Vicedirección dende o día 20 ate o 24 de novembro.  Deberedes estar inscritos para formalizar o pago.

Datas Curso Traballos en Altura 2017!!!!

Datas para o Curso de Traballo en Altura (8h): Sesión teórica cos Riscos Específicos de traballo en altura. Día 27 de Novembro de 16:00 a 20:00 no Salón de Actos do centro. É obligatoria á asistencia á parte teórica para facer a parte práctica.

Parte Práctica, en grupos de 5 persoas distribuidos nas datas seguintes: Días 29, 30 de Novembro e 13, 14 de Decembro. De 15:30 a 21:30. Os grupos e días se coordinarán co relator ao finalizar a sesión teórica.

Os interesados deben apuntarse ate o día 17 de novembro no enlace web.Tamén se poden apuntar profesores.Guiño Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular e AFD. O enlace para inscribirse no Curso de Traballos en Altura é: 

https://goo.gl/forms/PV3nDMFSlwyd6GMl1

O custe será de 25€, que deberedes formalizar en Vicedirección dende o día 20 ate o 24 de novembro.  Deberedes estar inscritos para formalizar o pago.

Formación Complementaria: Curso de Plataformas Elevadoras 2017/2018. Aberto o prazo de inscripción!!!!!

Está aberto o plazo de inscripción para o Curso de Plataformas Elevadoras. (8 horas)

Aínda están por determinar as datas, pero intentaremos que sexa a finais de decembro de 2017. Serán duas sesións, unha de 4 horas cos riscos específicos e outra de carácter práctico.

Tamén se poden apuntar profesores.
Os interesados deben apuntarse ate o día 17 de novembro
O custe será aproximadamente de 20€, que deberedes formalizar máis adiante, cando xa saibamos as datas exactas do curso. Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular...
O enlace para inscribirse no Curso de Plataformas Elevadoras é: 

https://goo.gl/forms/QWlGd7Oa1NfUgzug2

Selección FP Dual Mecatrónica - Navantia

Achégase Listaxe de Seleccionados para FP Dual Mecatrónica e Reservas.

Recórdase que é requisito indispensable para ser baremado obter un mínimo de 20 puntos na proba de coñecemento.

Reclamacións: 12 de xullo ate as 13:00h

Publicación de Listaxes definitivas: 13 de xullo

Matrícula: Do 14 ao 21 de xullo

Baremo Provisional FP Dual Mecatrónica 2017/2018. Data Proba Coñecemento

Achegase a baremación provisional hoxe día 7 de xullo e establécese un plazo de Reclamacións sobre a baremación en relación á documentación xa achegada coa solicitude: Días 10 e 11 de Xullo ate as 13:00h

Data da Proba de coñecemento: Martes 11 de xullo de 2017 ás 10:00

Será necesario o DNI (o similar) para poder realizar a proba.

Material necesario: Calculadora non programable, compás, transportador de ángulos, escuadra, cartabón e regla.

Recoñecementos Médicos Previos: Co obxectivo de que o persoal en prácticas teña as mesmas condicións de prevención e protección que os empleados cos que compartirán o posto de traballo/practicas, os alumnos que resulten seleccionados para cursar FP Dual en Mecatrónica terán que pasar unha calificación de aptitude médica previa á entrada nas instalacións de Navantia

Admisión FP Dual

Prazos de presentación de solicitudes Desde o día 22 de xuño ata ás 13:00 horas do día 30 de xuño de 2017.  

Documentación

A solicitude de admisión, anexo I, deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Copia do DNI ou NIE

b) No caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, certificación académica na que conste o expediente académico e o depósito do título, de ser o caso, ou o certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo ou da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

c) Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae.  

Máis información: http://www.edu.xunta.es/fp/orde-13-xuno-2017-pola-que-se-autorizan-proxectos-experimentais-fp-dual

<<Instrucións>>

<<Anexo I galego>>

<<Anexo I castelán>>

<<Baremo>>

 Listaxe Provisional de Solicitudes: http://www.edu.xunta.es/fp/fp-dual-listaxes-provisionais-solicitudes-2017-2018