Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

VISITA DO IES Nº 1 AOS LABORATORIOS DE INDUSTRIAS ALIMENTARIAS

Visita do alumnado do IES nº 1
O alumnado do IES N.1 de Ribeira visita os laboratorios da familia de Industrias Alimentarias.
O día 3 e 8 de abril recibimos ao alumnado de 1º ESO e o 5 de abril ao de 2º de bacharelato.

OBRADOIRO SOBRE SEXUALIDADE E AUTO ESTIMA

O pasado xoves 21 de marzo desenvolveuse un Obradoiro sobre Sexualidade e Auto Estima co alumnado de 2º FPB impartido por Laura Veiga, sexóloga e xornalista.  Un total de 20 alumnos/as recibiron esta formación durante 2 horas.

Obradoiro sobre sexualidade e auto estima

BOLSAS DE AXUDA AO ESTUDO - CURSO 2024-25

Se queres solicitar unha bolsa de axuda ao estudo para o curso 2024-25 lembra que o prazo de solicitude será do 19 de marzo ao 10 de maio incluído. Atoparás toda a información de como se fai o procedemento, neste documento.

CELEBRAMOS O 8M - DIA DA MULLER TRABALLADORA

Celebramos o 8 de marzo, Día internacional da Muller traballadora, e este ano no centro quixemos visibilizar a mulleres creativas, científicas, inventoras.. e montamos unha exposición co legado desas mulleres. Dita exposición atópase repartida entre os dous edificios do centro.

8M Día Internacional da Muller Traballadora

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO - CONVOCATORIA 2024

Nuns días abrirá o prazo de inscrición para as probas de acceso a Ciclos Medios. Ditas probas serán o 23 de maio, e o CIFP Coroso é unha das sedes nas que se poden realizar.
Non esquezades inscribirvos do 26 de febreiro ao 8 de marzo incluídos. Máis información aquí.
 

UNHA AVENTURA SOSTIBLE: GREEN DIVING E O SEU IMPACTO POSITIVO NA FP

Este pasado xoves día 15 de febreiro, houbo unha charla para presentar o proxecto Green Diving na biblioteca do CIFP Coroso, evento no cal particparon varios invitados.

OFERTA DE NOVOS CURSOS AFD DE NIVEL 2

Informamos de que en breve se poñeran en marcha neste Centro, os seguintes cursos AFD de nivel 2, para desempregados:

TMVL0509:  PINTURA DE VEHÍCULOS (500 horas)

IMAR0108:  MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS FRIGORÍFICAS (540 horas)

Máis información chamando ao 881 866 872

INFORME INSERCIÓN LABORAL 2023

Informe cos datos relativos á inserción laboral do alumnado do CIFP Coroso durante o ano 2023. Este estudo recolle os datos das diferentes familias profesionais que se imparten no centro, e tamén os distintos períodos nos que o alumnado realiza as prácticas en empresas.

Páxinas

Subscribirse a CIFP Coroso - Ribeira RSS