Skip to Content

Os gañadores do "I CONCURSO DE RELATOS CURTOS" son:

- 1º categoria infantil: 5 anos

- 2º categoria: GONZALO RAMOS(2ºB)

- 3º categoria: LARA IGLESIAS (3º A)

- 4º categoria: ISONA TORRES (5ºA)

- 5º categoria: Mª MANUELA CANTARIÑO CUBELO

Parabéns aos premiados e grazas a tod@s por participar!!!

Xa está dispoñible o cartel do concurso de Relatos curtos. Ide escribindoGuiño

 

Os nenos e nenas de 3º e 4º de EP fomos visitar a biblioteca e a exposición de "ovos literarios " do Ies As Insuas... Para máis información poden visitar a súa web: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesasinsuasmuros/node/1271

 

23 de Abril - Día do Libro 2018

Como cada 23 de abril no Ramón de Artaza conmemoramos o día do libro. Hoxe, para celebralo, sacamos a biblioteca ao patio. En días anteriores, os maiores encargáronse de escoller e preparar as lecturas para  lerllas hoxe aos máis pequenos/as que, emocionados, atendían ás historias que lles contaban os "grandes" nos recantos máis fresquiños do patio.

Dende a biblio queremos desexarvos Feliz Día e Felices Lecturas!!

 

 

 

No seguinte pdf poden consultar as BASES DO I CONCURSO DE RELATOS CURTOS “Manuel Fabeiro Gómez” CEIP Ramón de Artaza.

Fixemos un concurso de poesías e a nosa biblio foi o escenario dun sorprendente recital poético. O polbo Ramón estaba encantado coa biblio chea de nenas/os a todo ler!!

Aproveitamos para desexarvos unha boas vacacións de Semana Santa e coma sempre… Felices Lecturas!!!

 

 

 

 

 

Coincidindo coa celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, habilitouse, entre os libros de consulta da nosa biblioteca, unha nova sección de cor VIOLETA na que se agruparán todos aqueles libros referentes ao feminismo e a igualdade. Do mesmo xeito, fixemos unha pequena selección de libros que xiran arredor desta temática entre os que se encontran as seguintes novidades.

 Resultado de imagen de MULLER TRABALLADORA

ROSAS A ROSALÍA

 

O Venres 23 de febrero calebramos o Día de Rosalía no noso centro. O alumnado dos grupos máis altos prepararon poemas da autora e foron recitarllos ao resto das aulas do centro. Moito lles gusta aos máis pequenos/as recibir as visitas dos “grandes”!!

Fixemos un gran mural con “Rosas para Rosalía” onde todos/as escolleron os seus versos preferidos da autora e xunto coa súa rosa fixémoslle a nosa pequeña homenaxe á nosa querida Rosalía.

Versos con amor e exemplo de muller galega. Orgullosos/as da nosa literatura.

 

http://www.aelg.org/actividades/dia-de-rosalia-de-castro/2018/2/24/dia-de-rosalia-de-castro-2018

Como vén sendo habitual nos últimos anos, Os Bolechas veñen de pór en marcha unha nova iniciativa relacionada co Entroido, unha das datas máis divertidas e con maior tradición na nosa comunidade. Trátase dunha páxina web, osbolechas.gal/Entroidona que se inclúe diverso material para divertirse aprendendo todo sobre o Entroido.

Dirixido á cativada de educación infantil e primaria, o novo espazo web inclúe unha Unidade Didáctica sobre o carnaval galego: as súas diferentes manifestacións, máscaras, tradicións… Ademais está accesible na propia web ou pode descargarse en formato pdf no apartado Descargas e traballalo na aula ou na casa durante estas pequenas vacacións de Entroido, ao igual que o Caderno de Actividades, onde nenas e nenos poderán poñer a proba os seus coñecementos mediante divertidos xogos e actividades. 

Ademais da Unidade Didáctica e o Caderno de Actividades, no apartado “Descargas” inclúense recortables relacionados co carnaval para que cada nena ou neno personalice o seu disfrace ao tempo que promove a súa creatividade e o traballo manual. E mesmo pode atopar fichas con receitas de pratos típicos do Entroido galego para coñecer todos os aspectos relacionados con estas festas.

Outro dos apartados da nova web dos Bolechas é BraulioTuber, onde se pode acceder aos vídeos realizados por Braulio en diferentes colexios galegos explicando como viven estas festas, as tradicións de cada zona etc.

Concurso escolar con moitos premios

E para seguir coñecendo o Entroido galego, este ano os Bolechas propoñen unha iniciativa dirixida aos centros escolares. Cada mestra ou mestre debe contar brevemente o que fixo este ano na súa clase en relación ao Entroido. Tan só hai que ir ao apartado Participa do web e contar o traballo realizado na aula (proxectos, murais, traballos en grupo, actuacións, talleres, temática elixida para o disfrace etc.) explicando brevemente o obxectivo e a execución do traballo e achegar unha foto representativa do proxecto.

Entre todos os proxectos que se presenten cada día farase un sorteo do que sairán dous proxectos que se publicarán na web e recibirán unha chea de premios, tanto para a clase como para cada alumna e alumno.

Entrade xa en osbolechas.gal/Entroido e… 

FELIZ ENTROIDO! ! ! !

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut