Skip to Content

Ola rapaces/as:

Como ben sabedes, estes días no cole estamos a celebrar a Semana da Convivencia. Na nosa biblio, coma todos os anos, realízanse contacontos e outras actividades relacionadas co tema, actividades divertidas, pero que nos axudan a relacionarnos, compartir e CONVIVIR mellor. Nesta entradiña vai algunha foto (adxunto) do contacontos de hoxe.

Dende este blog tamén queriamos compartir con vós este bonito conto de Anthony Browne. Agardamos que o disfrutedes!

El tunel de anthony brown

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Entra para ver os gañadores/as do concurso de postais de Nadal deste ano 2020.

Moi felices festas a todos/as e vémonos para o ano!!!

Xa está en marcha o CLUB DE LECTURA da nosa bilio.

A proposta para este Nadal é A LECCIÓN DE AUGUST. Neste libro a autora, R.J. Palacio, retrata con moita verosimilitude o mundo infantil e o bulling que tanto dano está  a facer entre a xente nova.

August ten dez anos e empeza por primeira vez á escola. Alí aprenderá a lección máis grande da súa vida, a que non se aprende nas aulas, nin nos libros de texto: a aceptarse tal e como é, a medrar na adversidade e  a sorrirlle aos días grises. Unha lección para August e para todos/as os lectores/as que pasarán momentos conmovedores con August e os personaxes que o rodean.

Deixámosvos aquí unha reseña do libro para que vaiades entrando en situación. A reseña está feita por un youtuber no seu canal "El coleccionista de libros". Seguro que vós tamén podedes facer unhas reseñas fantásticas!!

Agardamos que vos guste tanto como a nós. Lembrade que á volta temos a xuntanza do club que, este curso, realizarémola por videoconferencia.

Bo Nadal e FELICES LECTURAS!!!!

LA LECCIÓN DE AUGUST

 

Está rematando o trimestre e logo han chegar as desexadas vacacións. No Nadal teremos tempo para disfrutar dos xogos, para o decanso e a familia, e debemos atopar un tempiño de lectura. Achégate á biblio alí hai milleiros de libros agardando que os atopes e pases un bo rato con eles.

Deixamos aquí as Recomendacións Lectoras Nadal 2020 coas novidades e propostas interesantes para que vos animedes a ler nestas vacacións.

BO NADAL e FELICES LECTURAS!!!!

 

 

 

Como ben sabedes, este curso o tema anual é "O Camiño de Santiago". O Polbo Ramón, fedellando pola rede, atopou este enlace do bolg "Ayuda para maestros" onde encontraredes moitísima información sobre o camiño: historia, personaxes, curiosidades... botádelle un ollo!

Felices Lecturas!!

 

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Boecillo/camino_santiago/Index.htm

Temos unha nova ocasión de deixar voar a imaxinación e dar renda solta á nosa creatividade porque xa está aquí o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL.

Lembra que este curso a temática é "O Camiño de Santiago" e non esquezas revisar a ortografía e escribir con moi boa letra.

O polbo Ramón ten premios para os gañadores/as de todas as categorías que lles serán entregados o día 22 de decembro, xusto antes de empezar as vacacións de Nadal.

Moita sorte e a participar!!!

 

 

Achégase o 25N , Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres e, no Ramón de Artaza, é un tema que nos tomamos moi en serio durante os 365 días do ano. Nembargantes, sempre nos gusta resaltar este día dun xeito especial para chamar a atención sobre esta problemática da nosa sociedade e reflexionar sobre a importancia da IGUALDADE de todos e todas independientemente do noso sexo ou condición.

Esta semana, na nosa BIBLIO, preparamos unha selección de lecturas sobre esta temática para que os/as profes deseñen algunha actividade específica a desenvolver nese día co alumnado (haberá contos, relatos, curtas...) que, de seguro, afianzarán o valor da IGUALDADE e o RESPECTO Á DIFERENZA que traballamos durante todo o ano e de xeito transversal.

Como sabemos, neste curso non poderemos facer xuntanzas grandes porén tódalas actividades pasan por ser a nivel de aula, máis non por iso imos deixar de traballar en temas importantes coma este.

Deixámosvos aquí o enlace a un fabuloso traballo levado a cabo polas traballadoras do CIM do noso concello, non deixedes de botarlle un ollo porque paga a pena !! Guiño

CONSTRUÍMOS IGUALDADE

                                                                                       

 

 

 

 

 
   

 

 

Esta mañá chegou á escola un peregrino estranxeiro (e moi despistado) que andivo a bulir polas aulas preguntando a dirección que había de tomar para chegar a Santiago. Os rapaces/as sorprendidos/as, conversaron con el animadamente contándolle o que sabían sobre o tema. Relatounos algunha anécdota da súa viaxe, curiosidades sobre o camiño... e quedámonos todos/as con gañas de saber máis...

 

O CAMIÑO DE SANTIAGO será este ano o tema ANUAL  do centro. Comezamos a investigación, mans á obra!!!

 

 O CAMIÑO DE SANTIAGO

 

 

 

O pasado luns 16 de novembro celebramos o MAGOSTO 2020. Este ano tivemos que adaptar a celebración ás características especiais deste curso pero, con todo, CELEBRÁMOLO!! Xogos populares, rimas e versos, debuxos e murais e, como non, a tradicional degustacións das castañas que estaban deliciosas!!!

Preme nos adxuntos para ver máis fotos das vosas cabazas.

XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN!!

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut