Skip to Content

XA PODEDES CONSULTAR O NOVO PLAN DE FOMENTO DA LECTURA NA WEB DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN: http://fomentodelalectura.mecd.gob.es/el-plan.html

 

https://poly.google.com/

Google lanzou unha biblioteca dixital de obxectos 3D creados polos usuarios que se poden utilizar para poboar mundos de realidade virtual e aumentada que chamou Poly,

 

Poly é unha base de datos de código aberto que funciona como unha biblioteca de imaxes prediseñadas e que permite a calquera persoa atopar e descargar formas tridimensionales, desde árbores e animais simples ata edificios e contornas complexos.

Organízase nun menú despregable cos apartados que podes ver na imaxe da dereita.

As imaxes foron deseñadas por artistas que crearon os seus obxectos utilizando as aplicacións integradas de pintura e esculpido de realidade virtual de Google, Tilt Brush e Blocks.

 

Os obxectos deben cargarse rapidamente na plataforma Daydream VR de Google.

 

Os obxectos e as escenas completas pódense ver e descargar en navegadores móbiles ou de escritorio, e pódense usar con aplicacións de desarrollador como ARCore de Google ou a versión de Apple, ARKit.

 

Os usuarios poden modificar e volver subir obxectos a unha nova lista, pero Google sempre os acreditará e vinculará á fonte orixinal.

 

Espérase que a base de datos se converta nunha ferramenta útil para os afeccionados e desarrolladores de RV e RA

 

En termos de arquitectura, a biblioteca xa inclúe representacións en 3D de rañaceos, cabanas, faros e mesmo o Coliseo.

 

A procura da palabra "cadeira" presenta modelos móbiles de cadeiras de cociña, cadeiras de escritorio e tumbonas, así como un artigo chamado That Expensive Chair.

 

Permite, tamén, crear gifs coas imaxes prediseñadas, compartilas e descargalas elixindo tamaño e velocidade do gif.

 

Ten mandos para virar en 360º e ver as imaxes en pantalla completa.

 

Pode ser unha ferramenta e biblioteca de imaxes en 360º útil para a súa utilización en deseños en artes plásticas e tecnoloxía.

No día de onte celebramos o magosto moitas grazas a todos/as polas castañas e petiscos.

"Construír ciencia é poñer a lupa sobre o que xa se coñece, identificar o aplicable ao noso soño e intentar completar as pezas que faltan do crebacabezas con novas ideas que, como non, deben ser verificadas; trátase dun proceso creativo que require paixón antes o desafíos e moito traballo". Peregrina Quintela Estévez.

Dende o 2014, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén propoñendo a celebración do mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, tamén nas bibliotecas escolares. Cada ano pídese a un científico ou a unha científica do país a redaccióndun "manifesto" que se edita e distribúe a través dos medios web das bibliotecas. A matermática Pregrina Quintela Estévez, Premio "María Joséfa Wonenburger Planells" 2016, foi a encargada de escribir o manifesto deste anon 2017. Paralelamente, edítase un documento coa programación prevista nas bibliotecas públicas dependentes da consellería. En relación coas bibliotecas escolares, este documento recolle as principais liñas de actuación en materia de ciencia impulsadas desde o programa de bibliotecas escolares. 

Son moitas as bibliotecas dos centros educativos que aproveitan este mes de novembro para difundir os seus recursos no ámbito científico, para dar a coñecer figuras galegas importantes no mundo da ciencia, ou para propor actividades de ciencia ao alumnado. Desde aquel LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, de 2013, obsérvase unha maior presenza de actividades de ciencia nas bibliotecas escolares, unha maior integración das ciencias e das humanidades, que é un dos obxectivos principais do programa de bibliotecas escolares. Para apoiar que esas propostas e actividades se realicen en galego, desde a Asesoría de bibliotecas escolares mantense unha páxina en PINTEREST, adicada aos libros informativos de ciencia en galego. Mantense, así mesmo, unha páxina de recursos relacionados coa ciencia en galego. 

O CEIP Ramón de Artaza de Muros vive unha semana terrorífica.

Na mañá de hoxe a rapazada de 5° e 6° de EP contounos unhas historias de medo e cando remataron tomamos beberaxe que espanta as bruxas.

O 29 de outubro de 1977 o antigo convento de San Domingos de Bonaval, titularidade do Concello de Santiago en virtude da desamortización de 1835 abría tres das súas salas como primeiro xermolo do Museo do Pobo Galego, que vellos e mozos galeguistas impulsaban dende un ano antes coa intención de facer revivir o proxecto museográfico ao que aspirara o antigo Seminario de Estudos Galegos. Este sábado Bonaval vestiuse de festa para celebrar que, corenta anos despois, o Museo segue adiante mantendo intacto o seu modelo independente de preservación da cultura e a identidade galega. Non esquezades visitalo.

 

No marco das actividades do cadraxésimo aniversario o Museo do Pobo Galego organiza, ata o 3 de novembro, xornadas especiais de portas abertas con aceso libre das 11 da mañá ás oito da tarde nas que as persoas que o desexen poden ser acompañadas por persoal e membros do padroado. Ademais dos eventos organizados no propio recinto o programa do aniversario inclúe tamén acordos con outras entidades como a Asociación PuntoGal, que ofrece unha promoción especial na adquisición do dominio galego en internet.

 

 

Martes 31 de outubro de 2017: 10:00 e 12:00 horas. Os do 2° Ciclo de EP vamos o Auditorio de Galia ver:

Unha frecha, unha mazá, unha criatura, a aventura dun valente ballestero… son as imaxes máis próximas que os pequenos asocian coa figura de Guillermo Tell. A partir da adaptación e redución realizada pola Compañía de Comediants A Baldufa, poderán descubrir a lenda deste heroe medieval protagonista dunha ópera escrita por Gioacchino Rossini. Guillermo Tell é unha produción do Gran Teatro do Liceo. Entra no siguinte enlace para ver un pequeno fragmento.

https://m.youtube.com/watch?v=LZXpotJGK6M

 

 Resultado de imagen de guillermo tell santiago de compostela

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut