O Colexio Antonio Magariños é un centro educativo de carácter Público que imparte Educación Primaria cunha media de 180 alumnos con dúas unidades por nivel. O alumnado procede principalmente da EEI "A Pastora".
O noso Colexio está adscrito ao IES "Ramón Cabanillas" e é alí a onde se dirixe a maioría dos noso alumnado cando remata a Educación Primaria. A coordinación con estes dous centros é de gran importancia para favorecer a transición entre etapas.
O CEP "Antonio Magariños Pastoriza" empezou a funcionar no curso 66-67 co nome de Escola Graduada Mixta, despois como Colexio Público Comarcal. Máis tarde púxoselle o nome de Antonio Magariños Pastoriza en memoria dun mestre que impartiu docencia durante moitos anos en Cambados.
A zona de influencia do Colexio abarca o centro de Cambados e unha pequena zona próxima: Corbillón,Vilariño,...
Dende o curso 1998/99 temos xornada continuada de 9 a 14h, a excepción dos últimos dous cursos que modificamos os horarios por mor da pandemia derivada da Covid-19. Podedes consultar os horarios provisionais nesta mesma web.
O profesorado do Centro participa en diferentes cursos de perfeccionamento en colaboración co Plan anual de Formación do Profesorado dende o Cefore (centro de Formación do Profesorado).
O CEP Antonio Magariños Pastoriza conta con Plan Madruga e Comedor escolar.
As relacións do Centro con organismos públicos e privados son satisfactorias.