Skip to Content

 

Complementarias

Cine co SPAD para o alumnado de 3º Ciclo: "Azur y Asmar"

19/03/2013 12:00
19/03/2013 14:00
Europe/Madrid

O alumnado de 3º Ciclo terá  unha sesión de cine moi especial. Grazas á colaboración do SPAD de Vilagarcía que nos proxectará o film "Azur y Asmar", poderán reflexionar sobre valores e actitudes fundamentais que lles axudarán no crecemento en saúde e na prevención de drogodependencias.

Obradoiro de bebidas saudables

21/03/2013 12:00
21/03/2013 14:00
Europe/Madrid

O alumnado de 5º disfrutará preparando e saboreando deliciosas bebidas saudables coa colaboración do SPAD de Vilagarcía.

Cine co SPAD para o alumnado do 2º Ciclo: "Como entrenar a mi dragón"

15/03/2013 12:00
15/03/2013 14:00
Europe/Madrid

 

Cine co SPAD para o alumnado do 1º Ciclo: "Tiana y el sapo"

15/02/2013 10:00
15/02/2013 12:35
Europe/Madrid

O alumnado de 1º Ciclo terá hoxe unha sesión de cine moi especial. Grazas á colaboración do SPAD de Vilagarcía que nos proxectará o film "Tiana y el sapo", poderán reflexionar sobre valores e actitudes fundamentais que lles axudarán no crecemento en saúde e na prevención de drogodependencias

Festival de Entroido

08/02/2013 12:30
08/02/2013 13:30
Etc/GMT+1

Por fin chegou o Entroido, cos disfraces, as coplas e eses doces tan ricos destas datas. Xa case todo está preparado para a festa.

Aprendendo a reciclar

06/02/2013 12:00
06/02/2013 14:01
Etc/GMT+1

O alumnado de 5º e 6º participará nunha campaña de sensibilización sobre a Reciclaxe.

Día da Paz

30/01/2013 12:00
30/01/2013 13:10
Europe/Madrid

O día 30 de xaneiro queremos celebrar o Día da Paz dun xeito moi especial: cada clase aportará as súas mellores propostas para acadar esa ansiada Paz: na casa, na escola, no parque ... As pombas mensaxeiras levarán unha mensaxe de Paz e gratitude; veremos levantar o voo ao globo de papel cos nosos mellores desexos (se non chove) e cantaremos xuntos un himno de paz.

El cuarto hocico

29/11/2012 12:00
29/11/2012 13:00
Etc/GMT+1

O alumnado do centro aprenderá da man do autor de "El cuarto hocico" (programa merecedor de diversos premios a nivel nacional e internacional que fomenta a participación activa do alumnado e potencia a imaxinación e a creatividade ) a coidar e protexer aos nosos animais e mascotas. Debemos ter sempre presente a importancia e a responsabilidade das nosas decisións e ter presente que as mascotas non son xoguetes.

Blogue para o alumnado, nais e pais de segundo

Blogue de 2º. Estamos de parabéns no cole, pois o alumnado de segundo (e as súas nais e pais) poden seguir moi de perto o que acontece na aula e no colexio, buscar, ampliar coñecementos e andar na procura da illa do saber, adentrándose no blogue que para eles crearon os seus profesores Miro e Verónica.

Menuda sorpresa!

30/05/2012 10:45
30/05/2012 11:30
Europe/Madrid

Hoxe  pareceunos un día de festa o cole, pois as pandereteiras e os gaiteiros da agrupación musical "Volandeira" de Cambados, na que participan nais, alumnos e profesores encheu de notas alegres e sorrisos os corredores do colexio. Os nenos e nenas puideron ver, sentir e escoitar de perto os instrumentos da nosa música tradicional. Grazas a todos e a todas os compoñentes de Volandeira por acompañarnos.

Distribuir contido


by Dr. Radut