Skip to Content

 

Visita do Xefe Territorial de Educación

Este martes, día 11 de maio, estivo no centro o Xefe Territorial de Educación acompañado do Alcalde de Cambados, o Arquitecto do Concello e a directiva da ANPA. Logo de percorrer as instalacións do centro acordaron que se iniciase a realización dos planos para a primeira etapa da reforma do centro, que incluirá o acondicionamento e cubrición do patio no que se imparte Educación Física e a ampliación da Biblioteca ata a Rúa Pardo Bazán, espazo no que se acollerá tamén o comedor escolar. A realización dos planos correrá a cargo do Concello.

Tamén se acordou revisar e mellorar a instalación electrica do centro para que poidamos participar na primeira fase do proxecto ABALAR, proxecto polo que se lle facilitarían ordenadores a todos os alumnos de quinto e sexto curso de Primaria.



blog | by Dr. Radut