Skip to Content

 

APA: CUOTA APA

Esta nova directiva ten a intención de ir pouco a pouco facendo cada vez máis cousas pólo colexio e pólos nosos nenos.

Para iso, precisamos da colaboración dos pais/nais.

É importante ir aumentando o número de socios pero xa que somos conscientes do díficil momento que están a pasar moitas familias, imos manter a mesma cuota de anos pasados.

A cuota son 15 euros anuaies por familia, con eses cartos intentaremos facer cada vez máis actividades.

Este ano, tamén se vos dá a opción de contratar un seguro extra para os vosos nenos/as.

Este seguro ten un coste de 7 euros anuais por neno/a. 

A conta para realizar o ingreso é : ABANCA nº ES12 2080 5021 5030 40020071

Na libreta de notas do cole os nenos/as levaron un boletín de inscripción que unha vez cuberto se pode deixar na sucursal de Cambados de ABANCA  ou no buzón do colexio.



blog | by Dr. Radut