Skip to Content

 

APA. COMEZO NOVO CURSO E LOTERÍA DE NADAL

Dende a nova directiva queremos darvos a benvida a un novo curso escolar.

Este blog servirá para irvos informando puntualmente das novas desta asociación.

Ante calquera dúbida ou para calquera suxerencia, podedes comunicarvos connosco a través do buzón do Apa,a través do noso teléfono 626056512 ou vía mail apa.santamarinadozo@gmail.com 

Recordámosvos que xa temos á vosa disposición a lotería de Nadal.

Lembrade que os nosos ingresos proveñen das cuotas dos socios, da axuda do Concello e en gran medida da venda desta lotería, polo que vos pedimos encarecidamente que colaboredes comprando lotería e se alguén quere axudar a vendela ten as portas abertas.

Atentemente,

XUNTA DIRECTIVA



blog | by Dr. Radut