Skip to Content

 

Inauguración da nova Biblioteca escolar

Hoxe foi un dos días máis felices para o noso colexio. Hoxe abrimos a nova biblioteca escolar. Nela poderedes atopar os vosos libros favoritos. Agora será máis doado atopar as diferentes seccións, podedes facer as consultas que precisedes na rede, utilizando calquera dos cinco ordenadores que van estar á vosa disposición. Animámosvos a todos a visitala e a ler. Recordade que está aberta á comunidade educativa tamén polas tardes os luns, mércores e xoves de catro a seis da tarde. Podedes ter máis información no Faro de Vigo Arousa (dixital)



blog | by Dr. Radut