Skip to Content

 

Reforma do centro. Reunión do Consello Escolar co Xefe Territorial e o Alcalde de Cambados

No día de hoxe varios membros do Consello Escolar reuníronse co Xefe Territorial de Educación, o Xefe Técnico, o alcalde de Cambados e o arquitecto que realizou o anteproxecto da Reforma do centro no salón de Plenos do Concello de Cambados. O Xefe Territorial comprometeuse a rematar o proxecto en xaneiro de 2011 para poder iniciar as obras no verán dese ano, obras que comprenderán a mellora do Patio Cuberto no que se imparte a Educación Física, a ampliación da Biblioteca Escolar  e a creación do Comedor, a continuación desta ata a Rúa Pardo Bazán.



blog | by Dr. Radut