Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
O martes, día 23 de abril celébrase o Día do Libro. Con tal motivo, todo o alumnado do centro acudíu á Sala de Usos Múltiples. Alí dous alumnos de cada aula, en representación dos seus compañeiros, irán lendo capítulos seleccionados da obra máis importante da literatura española: "Don Quijote de la Mancha", do inmortal Miguel de Cervantes Saavedra. Animádevos a coñecela e mergullarvos nas súas aventuras.
O alumnado do centro puido disfrutar no Auditorio "A Xuventude" de Cambados, cun concerto didáctico titulado "Peer Gynt " interpretado pola Banda de Música de Castrelo.
Con motivo do Día das Letras Galegas, o alumnado do centro poderá descubrir, no Paseo da Calzada, os carteis conmemorativos encol de Roberto Vidal Bolaño que elaboraron os distintos centros educativos do Concello. Logo terá lugar a Ofrenda Floral diante da estatua ao noso poeta Ramón Cabanillas, ante a que se lerán diversos poemas e textos seleccionados dos mais grandes escritores da nosa lingua, Vémonos alí.
Desta volta son os máis cativos do centro os que van disfrutar dunha sesión de contacontos moi especial. Modesta Padín, profesora de música no Auditorio "A Xuventude", será quen lles conte as aventuras de "Paco Paquiño". A disfrutar!
O alumnado de sexto estase a preparar para dar o salto á Educación Secundaria Obrigatoria. E o martes estarán alí no IES " Ramón Cabanillas" para coñecer as instalacións, reencontrarse cos seus compañeiros do curso pasado e escoitar, da man da orientadora, o que vai supoñer esta nova etapa: as materias, horarios, normas e requisitos que implica. Voa viaxe!
Hoxe estivo no colexio Juan Maceira, un artista que nos ensinou, cunha paciencia incrible, a facer preciosas creacións con anacos de papel. Menudo privilexio. Grazas, Juan
Dúas das nosas alumnas de terceiro, Lucía Blanco e María Fiel, acudiron á EEI "A Pastora" para contarlles un conto aos pequechos de Infantil. Tratábase do libro de Eduardo Bahamonde: "Tanta Miga e a súa barriga". Os libros crean boas amizades sempre, como podedes ver! Noraboa, rapazas.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |