Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
Desta volta son os máis cativos do centro os que van disfrutar dunha sesión de contacontos moi especial. Modesta Padín, profesora de música no Auditorio "A Xuventude", será quen lles conte as aventuras de "Paco Paquiño". A disfrutar!
O alumnado de sexto estase a preparar para dar o salto á Educación Secundaria Obrigatoria. E o martes estarán alí no IES " Ramón Cabanillas" para coñecer as instalacións, reencontrarse cos seus compañeiros do curso pasado e escoitar, da man da orientadora, o que vai supoñer esta nova etapa: as materias, horarios, normas e requisitos que implica. Voa viaxe!
Hoxe estivo no colexio Juan Maceira, un artista que nos ensinou, cunha paciencia incrible, a facer preciosas creacións con anacos de papel. Menudo privilexio. Grazas, Juan
Dúas das nosas alumnas de terceiro, Lucía Blanco e María Fiel, acudiron á EEI "A Pastora" para contarlles un conto aos pequechos de Infantil. Tratábase do libro de Eduardo Bahamonde: "Tanta Miga e a súa barriga". Os libros crean boas amizades sempre, como podedes ver! Noraboa, rapazas.
O alumnado de 4º, 5º e 6º aprendeu hoxe dunha maneira moi especial a facer libros. Seguro que se nota. Ánimo, escritores
Moi perto do Día do Medio Ambiente contaremos no centro con Anxo Moure, que nos contará historias incribles e nos ensinará a respectar o Medio que nos rodea.
O día 13 teremos no cole uns invitados moi especiais: o alumnado da EEI "A Pastora" acompañado das súas titoras visitarán o centro. Darémoslle unha calurosa benvida.
"Cidarte: Cidades e artistas". Aquí en Cambados temos moitos artistas. O día 14 será o turno dos alumnos de cole que nun incrible desfile de moda, darán conta das súas artísticas creacións.
O alumnado do centro poderá descubrir unha das obras de Roberto Vidal Bolaño, a través das voces e personaxes que recrearán os seus compañeiros de teatro do cole. Será no Auditorio "A Xuventude".
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |