Skip to Content

 

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Marzo 21, 2013
Start: 21/03/2013 12:00
End: 21/03/2013 14:00

O alumnado de 5º disfrutará preparando e saboreando deliciosas bebidas saudables coa colaboración do SPAD de Vilagarcía.

Start: 21/03/2013 12:00
End: 21/03/2013 12:30

Hoxe, no Día Mundial da poesía , todo o alumnado do centro acudíu á Sala de Usos Múltiples. Alí dous alumnos de cada aula, en representación dos seus compañeiros, foron lendo poemas de Rosalía de Castro e de Ramón Cabanillas. Para rematar o acto un alumno de primeiro recitounos un poema que o seu avó compuxo adicado a Ramón Cabanillas e que tiña moi ben memorizado. Antes de irnos de novo ás aulas a Xefa de Estudio recordoulles aos alumnos/as que mañá, 22 de marzo, remata o prazo para presentar poemas do VIII Concurso "O latexo das verbas".

Xoves Abril 11, 2013
Start: 11/04/2013 16:00
End: 11/04/2013 17:30

O xoves, día 11, o grupo de teatro Caracol volveranos sorprender de novo coa máxia das súas actuacións. Desta vez poñeran en escea o clásico "Romeo e Xulieta". Será ás catro da tarde no IES Asorey a onde vos levarán os vosos pais e nais para disfrutar dunha representación estupenda. A saída será arredor das 5 e cuarto aproximadamente. Vémonos alí

Venres Abril 12, 2013
Start: 12/04/2013 10:00
End: 12/04/2013 11:40

O alumnado do centro poderá coñecer de primeira man, como se foi construíndo o libro "Cambados" editado por Factoría K. Eduardo Baamonde, o seu autor, iranos contando os pasos deste proceso creador e artístico.

Luns Abril 15, 2013
Start: 15/04/2013 10:40
End: 15/04/2013 12:30

Hoxe, o alumnado do 3º Ciclo estivo no Salón de Peña, con grandes deportistas da nosa terra. Aprenderon do esforzo, a motivación, a constancia como se superan as dificultades e se afrontan retos. Foi unha experiencia única.

Martes Abril 16, 2013
Start: 16/04/2013 10:40

Neste mes do libro queremos ampliar horizontes e darlle a coñecer  ao alumnado do centro unha das bibliotecas máis bonitas da comarca: A Biblioteca Municipal de Cambados. Hoxe empezará o primeiro grupo e sucederánse ao longo destas dúas semanas do mes de abril.

Distribuir contido


by Dr. Radut