Skip to Content

 

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Febreiro 06, 2013
Start: 06/02/2013 12:00
End: 06/02/2013 14:01

O alumnado de 5º e 6º participará nunha campaña de sensibilización sobre a Reciclaxe.

Venres Febreiro 08, 2013
Start: 08/02/2013 12:30
End: 08/02/2013 13:30

Por fin chegou o Entroido, cos disfraces, as coplas e eses doces tan ricos destas datas. Xa case todo está preparado para a festa.

Venres Febreiro 15, 2013
Start: 15/02/2013 10:00
End: 15/02/2013 12:35

O alumnado de 1º Ciclo terá hoxe unha sesión de cine moi especial. Grazas á colaboración do SPAD de Vilagarcía que nos proxectará o film "Tiana y el sapo", poderán reflexionar sobre valores e actitudes fundamentais que lles axudarán no crecemento en saúde e na prevención de drogodependencias

Martes Febreiro 19, 2013
Start: 19/02/2013 00:43

O profesorado do centro iniciará unhas sesións de formación que nos axudarán a utilizar os blogs de aula para motivar ao alumnado na lectura e na escritura convertíndoos en axentes máis activos na súa aprendizaxe

Start: 19/02/2013 10:00
End: 19/02/2013 14:00

O alumnado de 6º terá dúas sesión de traballo e reflexión guiadas pola responsable do SPAD de Vilagarcía, que lle ensinará a entender que hai detrás das mensaxes publicitarias, cáles son as técnicas coas que xogan os publicistas para vendernos productos de consumo, en ocasións verdadeiramente perigosos para a nosa saúde física e mental. Tamén nos dará claves para sobrelevar a presión do grupo de iguais, que nestas idades empeza a ser moi importante.

Distribuir contido


by Dr. Radut