Skip to Content

 

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Xaneiro 21, 2011
Start: 21/01/2011 09:00
End: 21/01/2011 10:00

O vindeiro venres, día 21, na aula de Usos Múltiples do colexio terá lugar a presentación do proxecto didáctico "Pola vila de Cambados". Poderemos escoitar o manifesto que, con tal motivo nos lerá o escritor Exidio Cuiñas e tamén se procederá á lectura duns poemas que, con tal ocasión nos envía a escritora Mucha Durán.

Luns Xaneiro 31, 2011
Start: 31/01/2011 10:40
End: 31/01/2011 11:30

Para a celebración do día da paz este ano sairemos ao patio lucindo as pombas que fomos preparando esta semana;  darémoslle lectura ás reflexións que se fixeron en cada aula sobre a importancia de paz e como mantela e conseguila. De xeito simbólico soltaremos pombas que aledarán o ceo e un globo de papel que levará os mellores desexos e a ilusión de todos. Rematará o acto cunha canción, pero seguiremos traballando cada día para que a paz sexa unha realidade no mundo que estamos a contruír. 

Martes Febreiro 15, 2011
Start: 15/02/2011 09:00
End: 15/02/2011 11:00

Hoxe pola mañá estivo no centro Carme, unha das expertas do SPAD (Servizo de prevención de drogodependencias) de Vilagarcía, para facernos entender o mundo da publicidade e as súas técnicas de persuasión e tamén para falarnos de como funcionan e como funcionamos nós en grupo, que é iso da "presión de grupo" e como facerlle fronte, nas ocasións en que,  o que o grupo nos propón non é correcto, pode ser perigoso ou non nos agrada.

Distribuir contido


by Dr. Radut