Skip to Content

 

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Xaneiro 11, 2011
Start: 11/01/2011 11:00
End: 11/01/2011 12:00

O alumnado do terceiro Ciclo terá este martes unha xornada de reflexión a cargo de Gas Natural- Fenosa sobre a relación tan estreita entre a enerxía, a conservación do medio ambiente e a necesaria implicación de cada un de nós neste coidado.

Venres Xaneiro 21, 2011
Start: 21/01/2011 09:00
End: 21/01/2011 10:00

O vindeiro venres, día 21, na aula de Usos Múltiples do colexio terá lugar a presentación do proxecto didáctico "Pola vila de Cambados". Poderemos escoitar o manifesto que, con tal motivo nos lerá o escritor Exidio Cuiñas e tamén se procederá á lectura duns poemas que, con tal ocasión nos envía a escritora Mucha Durán.

Luns Xaneiro 31, 2011
Start: 31/01/2011 10:40
End: 31/01/2011 11:30

Para a celebración do día da paz este ano sairemos ao patio lucindo as pombas que fomos preparando esta semana;  darémoslle lectura ás reflexións que se fixeron en cada aula sobre a importancia de paz e como mantela e conseguila. De xeito simbólico soltaremos pombas que aledarán o ceo e un globo de papel que levará os mellores desexos e a ilusión de todos. Rematará o acto cunha canción, pero seguiremos traballando cada día para que a paz sexa unha realidade no mundo que estamos a contruír. 

Distribuir contido


by Dr. Radut