Skip to Content

 

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Novembro 22, 2010
Start: 22/11/2010 12:00
End: 22/11/2010 13:27

O vindeiro luns, día 22 terán lugar as eleccións do Sector do Alumnado para o Consello Escolar do centro.

Martes Novembro 23, 2010
Start: 23/11/2010 00:00
End: 23/11/2010 12:38

O alumnado de 2º Ciclo poderá disfrutar da obra de teatro "Spindirella" no Auditorio de Caixanova en Pontevedra.

Mércores Novembro 24, 2010
Start: 24/11/2010 12:20
End: 24/11/2010 13:10

O alumnado de 1º A poderá coñecer e disfrutar das novas instalacións da Biblioteca Municipal de Cambados.

Xoves Novembro 25, 2010
Start: 25/11/2010 12:00
End: 25/11/2010 12:30

Hoxe, ás 12 da mañá o alumnado do 1º Ciclo, acompañado dos seus titores acodirá ao Concello para ver a exposición de debuxos na que colaboraron a raíz das charlas desenvolvidas no centro co título de "Corresponsabilidade nas tarefas.

Venres Decembro 03, 2010
Start: 03/12/2010 00:00
End: 03/12/2010 10:00

O venres, ás nove da mañá, logo do izado das bandeiras de España e de Galicia, o alumnado procederá á lectura de diversos artigos da Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia.

Venres Decembro 10, 2010
Start: 10/12/2010 11:00
End: 10/12/2010 12:00

Xa moi perto do Nadal saimos "Pola Vila de cambados" co alumnado de 2º, que visitou nesta semana as novas dependencias da Biblioteca Municipal. Alí os nenos e nenas do colexio, ademais de atopar aos seus compañeiros descubrirán  un mundo inmenso de amigos nos libros que os esperan.

Venres Decembro 17, 2010
Start: 17/12/2010 18:00
End: 17/12/2010 19:30

   O Concello de Cambados e a editorial OQO, dentro do programa "Bocaberta" da Consellería invitan aos nenos e nenas de Cambados a disfrutar do espectáculo que teñen preparado para eles no Auditorio Municipal. Será este venres ás seis da tarde. Non faltedes. A entrada é de valde. "Esperamos vervos "En clave de conto" ás seis da tarde, este venres.

Martes Decembro 21, 2010
Start: 21/12/2010 10:15
End: 21/12/2010 11:30

O alumnado de 5ºA acodirá o martes ao Asilo de Cambados para facerlles unha visita aos nosos maiores, cantarlles unhas panxoliñas e deixarlles, no nome de todos os nenos e nenas do colexio un agasallo de Nadal, levándolles os cartos que se recaudaron coa venta dos calendarios. Agradecémoslle a todo o alumnado e ás súas familias a súa colaboración. Esperamos que os nosos anciáns poidan pasar tamén unhas moi felices festas.

Distribuir contido


by Dr. Radut