Skip to Content

blogue deadmin

Plan de Normalización Lingüística para o curso 2010/ 2011

OBXECTIVOS

Concurso: "O latexo das verbas VI"

Esta semana empezou o concurso de "O latexo das Verbas" no que podes amosarnos as túas máis bonitas creacións narrativas ou poéticas. O concurso remata o 14 de abril. Anímate a participar.

 

Concurso "A mascota da Biblioteca"

Está en marcha un concurso de creación para crear unha mascota para a nosa biblioteca. O concurso remata o 31 deste mes de marzo.

O equipo de biblioteca escollerá a mellor das presentadas. Ide pensando en propostas orixinais, coloristas e creativas.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

Poderá solicitar axudas o alumnado de 6º do centro con avaliación positiva en inglés no curso pasado. Para cubrir a solicitude e completar a información clica na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/axudasle/ O prazo de prasentación de solicitudes remata o 12 de abril (non incluído).
 

Folga Xeral

Con motivo da Folga Xeral non impartirán docencia o titor de 6ºB, a directora e o profesor de Educación Física de 1º, 2º e 3º.

Xogos no patio

Xa podedes consultar as quendas de participación como axudantes de biblioteca e como monitores de xogos

 

Turnos de participación

Curso 2010/11

 

Calendario e turnos de participación nos xogos e na Biblioteca durante o recreo

Calendario de xogos e turnos dos Axudantes de Biblioteca durante o recreo

O vindeiro día 2 de novembro non hai clase

Vista a proposta do Consello Escolar do Centro formulada ao abeiro do disposto no artigo 7, da Orde do 3 de xuño de 2010 (DOG do 15-06-2010), pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2010/2011, a Xefatura Territorial de Pontevedra declara non lectivo para este centro os seguintes días:

  • 2 de novembro de 2010
  • 16 de maio de 2011.

Reforma do centro. Reunión do Consello Escolar co Xefe Territorial e o Alcalde de Cambados

No día de hoxe varios membros do Consello Escolar reuníronse co Xefe Territorial de Educación, o Xefe Técnico, o alcalde de Cambados e o arquitecto que realizou o anteproxecto da Reforma do centro no salón de Plenos do Concello de Cambados. O Xefe Territorial comprometeuse a rematar o proxecto en xaneiro de 2011 para poder iniciar as obras no verán dese ano, obras que comprenderán a mellora do Patio Cuberto no que se imparte a Educación Física, a ampliación da Biblioteca Escolar  e a creación do Comedor, a continuación desta ata a Rúa Pardo Bazán.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Resolución Definitiva

Publicouse onte día 14 de setembro de 2010,  a resolución definitivada convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares, segundo orde de 3 d setembro de 2010 (DOG 14/09/10), coa relación de centros que se incorporan a este programa para o curso 2010/2011.

Distribuir contido


by Dr. Radut