Skip to Content

blogue deadmin

Carta ás familias

 Reunidos os equipos directivos dos centros de ensino infantil e primaria  de Cambados en representación do profesorado da ensinanza pública do Concello queremos realizar as seguintes aclaracións en relación ao traballo dos mestres:

 

Xubilación de Graciano

Unha boa parte do profesorado do colexio vai acompañar hoxe a Graciano, o conserxe do IES Ramón Cabanillas a quen lle queremos rendir unha especial homenaxe con motivo da súa xubilación. A súa vinculación co noso centro é moi fonda, non so por ser o marido dunha das mestras do colexio, senón porque tamén aquí contamos moitas veces co seu bo facer. Moitas grazas.

Blog para as nais e pais de Terceiro curso

As nais e pais de terceiro poden visitar o Blog que aparece de seguida para coñecer a diario o que están traballando os seus fillos na aula e como axudarlles dende a casa. Parabéns: Blog para as nais e pais de terceiro 

Información ANPA

Para  adquirir lotería da Nadal da ANPA ou consultar as actividades de Cambaocio pincha na seguinte ligazón: Información ANPA.

Actividades ANPA

Podedes consultar as actividades programadas pola ANPA para o presente curso na seguinte ligazón: Actividades.

Plan Madruga 2011-12

O  luns día 3 de outubro iniciouse un ano máis o Plan Madruga, organizado polo Concello, que acolle ao alumnado de 7:45h ata as 9:00 h.

Para inscribirse no Plan Madruga han de solicitar e entregar os impresos correspondentes nas dependencias do Concello de Cambados.

INICIO DAS CLASES

O inicio das clases será o luns, 12 de setembro, de 10 a 12 da mañá.

O alumnado de 1º, 2º e 3º entrará polo patio dos pequenos.

O alumnado de 4º, 5º e 6º entrará polo patio dos maiores.

O alumnado de novo ingreso dos niveis de 2º, 3º, 4º, 5º ou 6º entrará pola porta principal do centro e esperará a que o profesorado o acompañe á súa aula.

O día 13 o horario será xa de 9:00 a 14:00h.

Solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto

 Poden recoller os impresos na Secretaría do centro de 9:00 a 11:00 h

Resultados da enquisa de Normalización Lingüística

Para coñecer os resultados da enquisa pincha na seguinte ligazón:

Resultados da enquisa

Distribuir contido


by Dr. Radut