Skip to Content

 

blogue deadmin

ABERTO O PRAZO PARA AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2024/2025


Prazo de solicitude:    do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos

Texto da convocatoria:  ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

 ♦ Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: Procedemento administrativo:  ED330B. Deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.NECESITARÁ ter: conta de Chave365, ou ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial : cubra os datos nos Anexos I e II facilitados polo centro educativo e presénteos no centro.  (Poden descargarse desde aquí)

     

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

♦ Documentación complementaria:

  • Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria(Ver o Anexo I. Documentación que se presenta)

  • NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]

  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática.

Carreira escolar solidaria

Aqui tendes unha pequena mostra da actividade realizada:

 

O mar comeza aquí

Celebramos a chegada do Maio en Magariños

MENÚS COMEDOR MAIO

Estimadas familias, 

Aquí podedes consultar os menús do mes de maio.

INFORMACIÓN PUNTO LARANXA

Como centro concienciado coa convivencia e o benestar emocional de todo o noso alumnado, informamos que dende hoxe contamos co PUNTO LARANXA contra o acoso e ciberacoso escolar. É un espazo físico, ben identificado, no que o alumnado poderá comunicar ou denunciar, de forma totalmente anónima,posibles situacións de acoso ou ciberacoso escolar que sufran ou perciban en outras persoas. Polo tanto, nesta web poderedes acceder ao PUNTO LARANXA picando na icona laranxa que aparece na parte inferior dereita da páxina e, se fose o caso, deixar unha mensaxe.

Aquí pódese acceder a un documento con información sobre a definición, características e tipos de acoso escolar seguindo o disposto na lexislación e protocolo vixente.

Xogade

Vacantes para o curso 2024/2025

Deixamos aquí as vacantes para o curso 2024/2025.

PLAN MADRUGA PARA O CURSO 2024/2025

Dende a Concellaría de Ensino do Concello de Cambados volverá a poñerse en marcha, un ano máis, o Plan Madruga “Os/as primeiros/as do cole” neste curso 2024 - 2025. Este programa vai dirixido a aquelas familias que debido ás súas obrigas teñen dificultades para poder deixar aos seus fillos/as á hora de entrada no colexio

Deixamos aquí o arquivo con toda a información e o impreso de solicitude.

 

MENÚS DO COMEDOR MARZO

Estimadas familias, 

 

Estes son os menús do comedor do mes de marzo.

 

https://drive.google.com/drive/folders/1GMBQEyrOYhstkGBJ3kqe7ymy88nbipOI?usp=sharing

Distribuir contido


by Dr. Radut