Skip to Content

 

PROGRAMA FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2023/24

PROGRAMA FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2023/24

Xornadas de convivencia

O noso alumnado de sexto visitou o IES Ramón Cabanillas. Tamén recibimos aos peques da EEI A Pastora.

 

MENÚS MES DE XUÑO

Estimadas familias, no seguinte enlace podedes acceder aos menús do mes de xuño (basal e dietas).

 

Saúdos

https://drive.google.com/drive/folders/11HwNn4hQ9uKKfwqGqcPiMTQXV8WWR-U1?usp=sharing

SOLICITUDE FONDO LIBROS 2023/24

Documentación que se debe presentar para participar no Fondo solidario de libros de texto, axudas para adquirir libro e texto e material escolar.

 

PROCEDEMENTO ED330B DA WWW. SEDE/XUNTA.ES

DOCUMENTACIÓN QUE OBRIGATORIAMENTE SE DEBERÁ PRESENTAR COA SOLICITUDE:

□   Copia do libro de familia no que figuren os membros computables da unidade familiar.

           □  Se falta de este, ou se a situación cambiou no 31 de decembro de 2022, o número de membros acreditarase mediante:

o   Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

o   Certificado ou volante de convivencia

o   Informe de servicios sociais ou órgano do concello onde se reside.

□   Documentación acreditativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

□   Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

CONSULTARANSE TELEMÁTICAMENTE OS SEGUINTES DATOS (en caso de non autorizar, deberase marcar e entregar fisicamente no centro, tanto orixinal como copia.)

□   Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante

□   Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na súa falta, do certificado tributario de imputación dos membros computables

da familiar distinto da persoa solicitante do ano 2021.

□   Discapacidade dalgún menbro da unidade familiar, incluído o alumno e a persoa solicitante en 31 de decembro de 2022, acreditarase a través de:

o   Discapacidade igual ou superior ao 33%: o certificado do grado de discapacidade.

o   Discapacidade gual ao 33%: Recoñecemento do Instituto Nacional da Seguridade Social de recoñecemento da discapacidade ou

resolución de recoñecemento da pensión

 

     O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

     ESTÁ ABERTO DENDE O 22 DE MAIO ATA O 21 DE XUÑO.

          Os que desexen realizar empregando o impreso poden vir recollelo no centro.

Festival das Letras Galegas

Este venres 19 de maio conmemoramos a semana das Letras Galegas cun espectáculo musical no auditorio municipal de Cambados.

 

 

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR. CURSO 23/24

Do 15 de maio ao 21 de xuño de 2023 (incluidos) estará aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar no curso 2023/2024, para todo o alumnado do centro (xa matriculado e de nova incorporación).

Os impresos da solicitude de comedor tamén estarán dispoñibles na conserxería do colexio.

As solicitudes, xunto coa documentación que se describe máis abaixo, será entregada na secretaría do CEP Antonio Magariños Pastoriza.

 

DOCUMENTACIÓN QUE ACOMPAÑARÁ A SOLICITUDE:

-Modelo solicitude admisión (adxunto).

-Modelo de autodeclaración(adxunto)

-Certificado de empresa, indicando que non poden vir recoller ao alumnado en horario de saída do centro.

-Certificado de familia numerosa, de ser o caso.

-Certificado de asistencia, por parte dos Servizos Sociais do Concello de Cambados, de ser o caso.

-Modelo de inclusión no grupo de Whatsapp (adxunto) .

-Modelo de asistencia ao comedor (adxunto).

-Modelo de persoas autorizadas para recoller ao alumnadoao remate de cada servizo (adxunto).

- Modelo de información sobre alerxias alimentarias, de ser o caso (adxunto).

- Modelo dos días da semana que farán uso do servizo de comedor (adxunto).

- Modelo de orden de domiciliación de adeudo, de ser o caso (adxunto II).

MENÚS MES DE MAIO

Estimadas familias, no seguinte enlace podedes acceder ao menú basal e os menús de dietas do mes de maio.

 

Saúdos

 

https://drive.google.com/drive/folders/1vncR479N0seW94bwuaRhsM90Xf-VT5Xb?usp=share_link

Maio 23 no Magariños

Esta semana estivemos preparando o Maio no cole. Logo, participamos todos xuntos en Torrado cunha cantiga.

 

 

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Estimadas familias.

No BOE que se anexa podedes consultar esta información.

O prazo de presentación de solicitudes extenderase dende o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

 

 

 

Contacontos no Magariños

O pasado venres, 21 de abril, o alumnado do IES Ramón Cabanillas desprazouse ao noso centro para realizar unha sesión de contacontos coa nosa rapazada de 1º e 2º.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut