Skip to Content

 

blogue deadmin

INICIO DAS CLASES

O inicio das clases será o luns, 12 de setembro, de 10 a 12 da mañá.

O alumnado de 1º, 2º e 3º entrará polo patio dos pequenos.

O alumnado de 4º, 5º e 6º entrará polo patio dos maiores.

O alumnado de novo ingreso dos niveis de 2º, 3º, 4º, 5º ou 6º entrará pola porta principal do centro e esperará a que o profesorado o acompañe á súa aula.

O día 13 o horario será xa de 9:00 a 14:00h.

Solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto

 Poden recoller os impresos na Secretaría do centro de 9:00 a 11:00 h

Resultados da enquisa de Normalización Lingüística

Para coñecer os resultados da enquisa pincha na seguinte ligazón:

Resultados da enquisa

Plan de Normalización Lingüística para o curso 2010/ 2011

OBXECTIVOS

Concurso: "O latexo das verbas VI"

Esta semana empezou o concurso de "O latexo das Verbas" no que podes amosarnos as túas máis bonitas creacións narrativas ou poéticas. O concurso remata o 14 de abril. Anímate a participar.

 

Concurso "A mascota da Biblioteca"

Está en marcha un concurso de creación para crear unha mascota para a nosa biblioteca. O concurso remata o 31 deste mes de marzo.

O equipo de biblioteca escollerá a mellor das presentadas. Ide pensando en propostas orixinais, coloristas e creativas.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

Poderá solicitar axudas o alumnado de 6º do centro con avaliación positiva en inglés no curso pasado. Para cubrir a solicitude e completar a información clica na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/axudasle/ O prazo de prasentación de solicitudes remata o 12 de abril (non incluído).
 

Folga Xeral

Con motivo da Folga Xeral non impartirán docencia o titor de 6ºB, a directora e o profesor de Educación Física de 1º, 2º e 3º.

Xogos no patio

Xa podedes consultar as quendas de participación como axudantes de biblioteca e como monitores de xogos

 

Turnos de participación

Curso 2010/11

 

Calendario e turnos de participación nos xogos e na Biblioteca durante o recreo

Calendario de xogos e turnos dos Axudantes de Biblioteca durante o recreo

Distribuir contido


by Dr. Radut