Skip to Content

 

blogue deadmin

Solicitude de apertura do Comedor escolar

Hoxe tivo lugar o Consello Escolar no que se solicitou,por unanimidade, a apertura do comedor escolar. Queda pendente completar o proceso administrativo e de inspección para que poida procederse ao inicio do seu funcionamento.

Remate das obras

No día de hoxe remataron as obras de ampliación da Biblioteca escolar e da construcción do espazo de Usos Múltiples que será empregado como Comedor. En breve realizarase a entrega da obra.

Contratos programa

Hoxe tivo lugar na Xefatura Territorial a sinatura do Contrato-Programa PROA polo que contaremos cun profesor polas tardes para atender a dous grupos de alumnos/as que precisan Reforzo e Orientación.

Carta ás familias

 Reunidos os equipos directivos dos centros de ensino infantil e primaria  de Cambados en representación do profesorado da ensinanza pública do Concello queremos realizar as seguintes aclaracións en relación ao traballo dos mestres:

 

Xubilación de Graciano

Unha boa parte do profesorado do colexio vai acompañar hoxe a Graciano, o conserxe do IES Ramón Cabanillas a quen lle queremos rendir unha especial homenaxe con motivo da súa xubilación. A súa vinculación co noso centro é moi fonda, non so por ser o marido dunha das mestras do colexio, senón porque tamén aquí contamos moitas veces co seu bo facer. Moitas grazas.

Blog para as nais e pais de Terceiro curso

As nais e pais de terceiro poden visitar o Blog que aparece de seguida para coñecer a diario o que están traballando os seus fillos na aula e como axudarlles dende a casa. Parabéns: Blog para as nais e pais de terceiro 

Información ANPA

Para  adquirir lotería da Nadal da ANPA ou consultar as actividades de Cambaocio pincha na seguinte ligazón: Información ANPA.

Actividades ANPA

Podedes consultar as actividades programadas pola ANPA para o presente curso na seguinte ligazón: Actividades.

Plan Madruga 2011-12

O  luns día 3 de outubro iniciouse un ano máis o Plan Madruga, organizado polo Concello, que acolle ao alumnado de 7:45h ata as 9:00 h.

Para inscribirse no Plan Madruga han de solicitar e entregar os impresos correspondentes nas dependencias do Concello de Cambados.

Distribuir contido


by Dr. Radut