Skip to Content

 

blogue deadmin

VIII Concurso: "O latexo das verbas"

Xa empezou o concurso de"O latexo das Verbas" no que podes amosarnos as túas máis bonitas creacións narrativas ou poéticas. O concurso remata o 22 de marzo. Ánimo poetas!

Seccións Bilingües

O alumnado de 1º Ciclo ten este ano unha Sección Bilingüe, polo que a área de Plástica se imparte en lingua inglesa. Xa se nota!!!

Blogue para o alumnado, nais e pais de segundo

Blogue de 2º. Estamos de parabéns no cole, pois o alumnado de segundo (e as súas nais e pais) poden seguir moi de perto o que acontece na aula e no colexio, buscar, ampliar coñecementos e andar na procura da illa do saber, adentrándose no blogue que para eles crearon os seus profesores Miro e Verónica.

Xa somos un centro Abalar!!!

O CEP Antonio Magariños forma parte, dende o día de hoxe, da rede Abalar. Isto suporá que o alumnado de 5º Nivel, no vindeiro curso terá á súa disposición na aula dun miniordenador persoal. Ademais as dúas aulas de 5º, e no ano sequinte tamén as de 6º, estarán dotadas de pizarras dixitais e materiais adaptados para o traballo nas mesmas. Grazas a todos, profesorado, nais e pais, alumnado ... polo esforzo e adicación que poñedes neste proceso de mellora constante. Parabéns!!!

Quendas do alumnado: axudantes de biblioteca, monitores de xogo, asesores de reciclaxe e mediadores

Podedes consultar o día que vos toca participar nas actividades nas que colaborades como voluntarios clicando nesta ligazón: Quendas. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2012

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días naturais (do 9 ao 18 de maio) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.
Clica na seguinte ligazón para acceder ás listaxes: axudasle

VII Concurso: "O latexo das verbas"

Xa empezou o concurso de"O latexo das Verbas" no que podes amosarnos as túas máis bonitas creacións narrativas ou poéticas. O concurso remata o 14 de abril.

Inauguración da nova Biblioteca escolar

Hoxe foi un dos días máis felices para o noso colexio. Hoxe abrimos a nova biblioteca escolar. Nela poderedes atopar os vosos libros favoritos. Agora será máis doado atopar as diferentes seccións, podedes facer as consultas que precisedes na rede, utilizando calquera dos cinco ordenadores que van estar á vosa disposición. Animámosvos a todos a visitala e a ler. Recordade que está aberta á comunidade educativa tamén polas tardes os luns, mércores e xoves de catro a seis da tarde.

Empeza o préstamo de libros na nosa Biblioteca provisional.

 

Hoxe, 13 de febreiro empezamos o prestamo de libros na Biblioteca provisional.

Distribuir contido


by Dr. Radut