Skip to Content

O VOSO COLE ABRE DE NOVO AS PORTAS!

 

  

PLAN DE ADAPTACIÓN DO NOSO CENTRO

Estimadas familias:

 

Publicamos o Plan de adaptación do noso centro na versión definitiva.

 

Un saúdo.

REUNIÓNS DE TITORÍA

Estimadas familias; 

Informamos no arquivo adxunto da data e hora de cada unha das reunións de titoría.

As reunións de 5º e 6º de educación infantil serán presenciais. A titora do grupo comunicará vía abalarMóbil ou correo electrónico que familias asistirán en cada unha das quendas, que estarán formadas por un máximo de 8 persoas, 1 por cada neno/a. 

As reunións de 1º,2º, 3ºA, 3ºB, 4ºA, 4ºB, 5º e 6º de educación primaria serán vía telemática a través do programa Cisco Webex. O/a titor/a comunicará vía abalarMóbil ou correo electrónico o enlace para poder acceder á reunión. 

Un saúdo. 

 

 

MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/2021

Estimadas familias,

Nos arquivos adxuntos publicamos o material escolar correspondente a cada un dos cursos. 

IMPORTANTE: 

- O curso de 4º de educación infantil entregará a lista de material ás familias o primeiro día do período de adaptación.

- O curso de 5º de educación infantil non precisa, xa que se considera que hai suficiente material do curso pasado. 

Un saúdo. 

PLANS E PROGRAMAS DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID

Estimadas familias:

Presentamos os Plans e Programas de obrigada realización enmarcados dentro do Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 publicado pola Consellería de Educación.

    - Plan de adaptación ao contexto covid do centro (provisional e publicado na páxina web o 31/08/2020).

    - Programa de acollida.

    - Plan de continxecia.

Para calquera dúbida ou consulta estaremos a vosa disposición en horario de 9:00 a 14:00 a través do correo electrónico: ceip.zalaeta@edu.xunta.es e do número de teléfono de contacto do centro: 981-21-17-47

Un saúdo.

O equipo directivo.

 

-PREME SOBRE AS IMAXES PARA ACCEDER A CADA UN DOS DOCUMENTOS-

 

INCORPORACIÓN GRADUAL DAS ALUMNAS/OS AO CENTRO NO CURSO 2020/2021

Segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educatva pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia; a incorporación será:

DÍA 10 DE SETEMBRO

DÍA 11 DE SETEMBRO

 

4º E 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL.

1º, 2º, 3º A, 3º B DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

 

 

6º DE EDUCACIÓN INFANTIL.

4º A, 4º B, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. 

 

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias:  

Consideramos que é importante que a primeira reunión que teredes na escola na que comezarán as vosas fillas e fillos nos vindeiros días, sexa presencial. Por este motivo, organizámola tendo en conta a situación actual, reducindo o número de persoas que poden asistir e buscando o lugar do centro máis oportuno para a súa realización. 

Na aula de 4º de educación infantil están matriculadas 24 alumnas/os, polo que realizaremos 3 quendas de reunión, cun máximo de 1 adulto como representante de cada alumna/o da aula. Teremos así un total de 3 quendas, organizadas da seguinte maneira: 

1º Quenda- luns 7 ás 9:00

2º Quenda- luns 7 ás 12:00

3º Quenda- martes 8 ás 9:00 

O lugar de realización da reunión será o ximnasio do centro; é o lugar coas instalacións mais amplas que nos permiten maior seguridade en canto á distancia social. 

As familias entraredes ao centro pola porta do patio, respectando a distancia de seguridade. A conserxe indicará como acceder ao ximnasio onde vos estaremos esperando para a presentación tanto a titora como o equipo directivo. 

A través de correo electrónico informaremos sobre as familias asignadas a cada unha das quendas, será por orde de lista. Nese mesmo correo electrónico, adxuntaremos o horario do período de adaptación (que estará recollido no Plan de acollida do centro)

Para calquera dúbida ou consulta estamos a vosa disposición en horario de 9:00 a 14:00 a través do correo electrónico: ceip.zalaeta@edu.xunta.es e do número de teléfono de contacto: 981-21-17-47

Un saúdo, 

O equipo directivo. 

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID

Estimadas familias: 

Presentamos o Plan de adaptación á situación Covid do noso centro. Este documento ten carácter provisional á espera de achegas e modificacións por parte da Comunidade Educativa.

Nos vindeiros días presentaremos: 

- Plan de continxencia.

- Plan de acollida. 

Para calquera dúbida ou consulta estaremos a vosa disposición en horario de 9:00 a 14:00 a través do correo electrónico: ceip.zalaeta@edu.xunta.es e do número de teléfono de contacto do centro: 981-21-17-47

Un saúdo.

O equipo directivo. 

 

 

 

  

CURSO 2020-2021

Prezadas familias:

O novo curso escolar 2020/2021 está a piques de comezar. Sabemos que será un curso diferente, atípico, e somos coñecedoras das vosas preocupacións. É por elo, polo que queremos enviarvos dende aquí unha mensaxe de apoio e tranquilidade. 

Durante o verán traballamos na implementación de todas aquelas medidas tanto organizativas, como pedagóxicas, como preventivas coas que funcionará o noso centro a partires do inicio do presente curso escolar. Realizaremos un rigoroso cumprimento das medidas do protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19, elaborado pola Consellería de Educación. O noso obxectivo principal é que o curso escolar se desenvolva con todas as garantías.  

Ao longo da presente semana publicarase na páxina web do centro o plan de adaptación á situación Covid-19 provisional, que non será definitivo ata contar coas aportacións tanto do Claustro de Mestres como do Consello Escolar. 

Seguindo o Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021, as clases darán comezo para todos os niveis educativos o día 10 de setembro. 

Agradecemos que descarguedes a App de Abalar Móbil, xa que, será este o servizo de mensaxeria da Consellería polo que vos enviaremos información a todas as familias con respecto á publicación de novas na páxina web, reunións coas familias, período de adaptación, etc. 

Tan só nos queda agradecer de antemán a confianza que como sempre, mostrades en todo o persoal do centro, e pedirvos unha vez máis, a máxima colaboración para que sexamos entre todos e como equipo, capaces de cumprir as novas normas coas que comezará a súa andanza no curso 2020/2021 o noso centro. 

Un saúdo. 

O equipo directivo. 

 

INFORMACIÓN FONDO DE LIBROS, AXUDA DE LIBROS E VALES MATERIAL

Seguindo a Orde do 12 de maio de 2020, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas par adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obligatoria e educación especial de centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21, informamos das datas de listaxes de fondo de libros e entrega de vales para libros de texto e de material.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut